|
| |
Co obxectivo de contribuir a potenciación do uso do galego, a aproximación
a cultura e as tradicións galegas para conseguir o seu coñecemento, respecto e
valoración programamos todos os anos, en torno ó día das Letras Galegas, as
Xornadas Culturais que no presente curso chegan a súa sétima edición.
As xornadas están configuradas por varios bloques nos que imos incluindo
cada ano distintas actividades relacionadas co tema transversal traballado
durante o curso:
-
Aproximación á vida e obra do autor
homenaxeado, co visionado dun vídeo sobre a súa vida e obra, o
traballo dunha unidade didáctica e algunha actividade relacionada coa
literatura galega.
-
Obradoiros
sobre oficios tradicionais galegos . Durante esa semana o colexio
convértese no centro de traballo de distintos artesáns que lle amosan
ós nenos e ás nenas o seu traballo. En moitas ocasións ofrécenlle a
posibilidade de partipar manipulando os materiais e facendo creacións
propias. Posteriormente nas aulas realizan un traballo recompilatorio do que
aprenderon para ir completando o dossier dos oficios.
-
Semana do cine en galego. Para poñer en
contacto por un lado co noso idioma a través de distintos medios, sobre
todo daqueles máis prestixiados, programamos o visionado de películas en
galego: "O bosque animado", " Pipi Calzas Longas",
" A sebe das moreiras"...
- Exposicións.
-
De aparellos e ferramentas antigas
-
De fotografías antigas de pais, nais e avós na súa etapa escolar,
de paisaxes...
-
De cadros feitos polos nenos e nenas.
-
De traballos do alumnado...
-
Representacións teatrais de obras
relacionadas co transversal e de producción propia nalgunha ocasión.
-
Recitado de poemas escritos polos
propios alumnos e galardonados nalgúns certames.
-
Sesións de contacontos nas que os nenos e
as nenas se poñen en contacto coa fantasía e a creatividade de distintos
escritores e escritoras galegos.
|