Articles from junio 2011



FELIZ VERÁN


Despídese o Equipo de Biblioteca de 6º e a súa titora. Os que quedamos na biblioteca outro ano máis dámoslles as grazas póla súa colaboración e desexámoslles moita delicia e sorte nos seus respectivos camiños.
E a todos vos esperamos vervos axiña con moitas historias que contar e moitas suxestións para mellorar.

Libros para o verán do 2011

Publish at Calaméo or browse the library.

Nace un novo personaxe de cómic: “POLGARIÑO”

O 22 de xuño os alumnos e alumnas do obradoiro da banda deseñada do CEP A Xunqueira Nº2, impartido por Kiko da Silva presentaron na biblioteca a todo o alumnado do colexio a súa primeira creación: “Polgariño”.

Publish at Calaméo or browse the library.

Representación de “As Patacas”, obra de teatro de monicreques.

Un grupo de alumnos e alumnas de 6º representou cós monicreques, feitos por eles, “AS PATACAS”. Esta obriña está dirixida polo profesor coordinador de ENDL, José Manuel Castro. Todo o alumnado do centro gozou con eles.

Publish at Calaméo or browse the library.

O alumnado de 1º Ciclo vai de Roteiro cós Bolechas de Pepe Carreiro


O dia 21 de xuño o alumnado de 2º, xa antes foran os de 1º, percorreron todos os recunchos, prazas, fontes… da zona antiga de Pontevedra coma o fixeran os seus amiguiños os Bolechas no conto de Pepe Carreiro:“Os Bolechas buscando a Linda en Pontevedra”.

Publish at Calaméo or browse the library.

Jaime Bernardo Blanco-Dios no CEP A Xunqueira Nº2

Un dos dous autores  do libro “ Pontevedra, as árbores da cidade”  veu ao colexio a ensinarnos,  no noso xardín,   as árbores e prantas das que fala  no seu libro.

No libro “ Pontevedra, as árbores da cidade”  podemos atopar unha espléndida colección de árbores e arbustos dos parques e xardíns, prazas e rúas e mesmo de colexios e institutos de Pontevedra.

Podes ver as fotos e traballos desta actividade a continuación

Publish at Calaméo or browse the library.