Articles from octubre 2015



ROTEIRO DOS BOLECHAS

Unhas das personaxes que máis nos gustan da nosa biblioteca son a familia Bolechas. No mes de outubro o alumnado de infantil realizou un roteiro pola nosa cidade e descubriu os segredos que aparecen no libro dos Bolechas e outros novos que os deixaron abraiados!

Sabiades que…

… en Pontevedra hai unha casa con cabezas e unha delas pertence a un rei?

… na nosa vila viviu un famoso pirata?

Atopa as respostas e outras curiosidades nas nosas novas de hoxe!

AXUDANTES DA BIBLIOTECA

Este ano contaremos coa axuda dun grupo moi numeroso de axudantes dos cursos de 4º, 5º e 6º de primaria. Estou moi ledo de ver á resposta á convocatoria! Na biblioteca toda axuda sempre é pouca!

Estamos a piques de comezar coincidindo co DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES… vémonos pronto!

CIMG4675

Grazas aos colaboradores-as!