PARABÉNS PARA TI!
Felicita en galego aos teus amigos no seu aniversario!
Felicita en galego aos teus amigos no seu aniversario!
O Martes día 3 de febreiro conmemoramos todos xuntos o Día Escolar da non Violencia e a Paz. A xornada deselvolveuse no patio cuberto onde puidemos escoitar ao alumnado de 6º de primaria ler o Manifesto pola Paz, cantar xuntos a canción de Paco Nogueira “Apertas que voan”, ver aos de 3º, 4º e 5º bailando “Happy” de Pharrel Williams e aos máis pequenos escribir a palabra Paz con etiquetas de lapis. Lembrade que o lema escollido este ano foi:“Un neno, un lapis, un libro e un mestre poden cambiar o mundo”
O pasado 2 de febreiro recibimos no pavillón a Adrián Esperón e Patricia Martínez, unha parella que practica a disciplina de baile deportivo. Mestres e alumnado quedamos abraiados coa exihibición e interesados en saber máis cousas sobre este deporte.
Parabéns para Adrián e Patricia na súa colleita de premios e éxitos!
En novembro no CEIP A XUNQUEIRA Nº 2 celebramos o Magosto, velaí van algunhas fotos para que podades ver o ben que o pasamos. Despois das fotos podedes ver o vídeo da exhibición de trompo de alumnos do colexio.
O grupo de títeres do CEIP A Xunqueira Nº 2 representou a obra “Cousas de burros”. Os monifates que se usaron foron construídos nos obradoiros de monicreques do centro.
Na Biblioteca do colexio fixéronse varias representacións teatrais para o alumnado de E. Infantil, para o primeiro, segundo e terceiro ciclo de E. Primaria.
A gravación que vén a continuación foi realizada na actuación para o alumnado de E. Infantil.