ACTIVIDADE DE BAILE CURSO 2014-2015

Por segundo ano consecutivo alumnas e alumnos de terceiro curso de grado en Educación Primaria na materia de Educación Física, realizaron unhas sesións prácticas de expresión corporal co alumnado do CEIP A XUNQUEIRA Nº2 .
Como nolo tendes pedido con moitísima insistencia aí van os vídeos….

Primeiro curso de Educación Primaria.

Segundo curso de Educación Primaria.

Terceiro curso de Educación Primaria.  

Cuarto curso de Educación Primaria.    

Quinto curso de Educación Primaria.    

Sexto curso de Educación Primaria.     

XADREZ NA RÚA – XADREZ SOLIDARIO 2015

Xogamos ao atletismo, programa Xogade: final provincial

Barriga Verde. De feira en feira

O pasado 18 de maio de 2015 as alumnas e alumnos de terceiro de E. Primaria tivemos a ocasión de gozar da exposición “Barriga Verde. De feira en feira” coa extraordinaria guía de Anxo García que nos fixo un percorrido moi interesante polos xogos tradicionais, monicreques, cantos e contos. Pasámolo moi ben e para que o vexades aquí tendes un resumo da actividade.

CORRELINGUA 2015

Día da froita 2015 no CEIP A Xunqueira Nº2

Xogamos ao atletismo: programa Xogade

A campaña de actividade lúdico deportiva XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar), é unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia, co obxectivo de levar a actividade a todos os concellos galegos e brindarlles aos escolares a posibilidade de practicar e competir cos clubs e colexios de toda a comunidade autónoma.
O martes 14 de abril de 2015 os alumnos de quinto curso de E. Primaria participamos na actividade de atletismo no Estadio da Xuventude de Pontevedra.
Clasificación dos colexios que participaron o día 14 de abril na actividade de atletismo en pista no CGTD.

O colexio que obtivo máis puntos,  o CEIP A Xunqueira Nº2, GRUPO 1, queda clasificado directamente para a final provincial que será o vindeiro 26 de maio de 2015 no CGTD de Pontevedra.

Programa Ecola: visita ao Salgueiral

Lugar: Aldea do Salgueiral (Bora)

O programa Ecola: da ovella á madeixa representa unha boa oportunidade para achegarse á realidade do entorno rural de Pontevedra. Dende a primeira edición que se fixo no ano 2011,  pon en valor e sensibiliza ao alumnado sobre a importancia de manter a riqueza patrimonial, tanto a nivel sociocultural como natural, do noso rural, en concreto a aldea do Salgueiral en Bora.

Durante a visita, os/as rapaces/zas desenvolveron unha dinámica baseada nas diferentes fases do proceso tradicional da la: a rapa da ovella, o lavado, o cardado, o fiado e o tinguido natural. Coñeceron, da man dos veciños e as veciñas da aldea, a protagonista da actividade, a ovella. Ademais, aprenderonas razas de ovella máis comúns, compararon os tinguidos naturais e os sintéticos, e coñeceron a importancia da la na economía doméstica rural.

Dalle a lingua 2015

O CEIP A Xunqueira Nº2 participou no programa de Onda Cero “Dalle a Lingua”. Podédesnos escoitar do luns 6 ao venres 10 de abril de 2015 en directo pola radio a partir das 11.50 horas na frecuencia 103.6 FM, en Internet neste enlace:
http://www.ondacero.es/audios-online/emisoras/galicia/pontevedra/dalle-lingua-2015/

SALÓN DO LIBRO 2015

“Da ciencia á ficción” é o título do XVI Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que ten lugar do 27 de febreiro al 28 de marzo de 2015 . Os alumnos do CEIP A Xunqueira Nº 2 visitámolo e pasámolo moi ben.
Máis información sobre o XVI Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.