O venres, 3 de abril realizaremos unha xornada de sendeirismo na singular paraxe do San Ramón de Bealo. Organízaa o Equipo de Extraescolares, estando aberta a toda a comunidade educativa. Por tal motivo alongarase a xornada de mañá, non habendo clase pola tarde.
   Seguimos realizando diversas actividades dende a biblioteca do centro. Está aberta a toda a comunidade educativa tódolos martes, de 16:45 a 17:45.
   O venres, 20 de febreiro, celebramos o desfile de entroido. Os disfraces xiran entorno aos oficios. Este ano contamos coa presenza do alumnado e profesorado da unitaria de Vilariño. Grazas as familias pola colaboración na elaboración de postres típicos desta datas.
   O venres , 7 de novembro celebraremos o Magosto. O horario será de 9:30 h. ata as 14:45 h. Realizaremos xogos populares relacionados coas castañas. Degustaremos as castañas que, como tódolos anos, será Muñiz o encargado de asalas. Para rematar a festa teremos un xantar de confraternidade.
   O xoves, 30 de outubro a partires das 19:30 h realizaremos o acendido das cabazas nos exteriores do Centro. Ás 20 horas haberá unha sesión de contacontos sobre o Samaín. Dende aquí queremos convidar ás familias para que compartan esta actividade.
   Comunícase que a votación pola xornada continuada, prevista para o día 30 de xuño, non terá lugar, dado o informe desfavorable por parte do transporte. Dicir que tanto o Claustro como o Consello Escolar deste centro manifesta o seu malestar porque a pesares de estar aprobada a petición de xornada única para o vindeiro curso, os pais e nais do alumnado non poden elexir o horario que queren para os seus fillos/as.