A biblioteca do centro está ubicada na primeira planta. É un local amplo e moi luminoso. Presenta dous espazos de traballo diferenciados: a zona destinada á lectura, consulta e realización de traballos e por outra banda, un acolledor recuncho para a animación lectora e contacontos.

    Na ambientación do local destacan ilustracións, móbiles,... elaboradas polo alumnado. Conta cun volume de exemplares en torno ós 4.000. Da xestión encárgase unha comisión formada por tres mestras que contan coa colaboración do alumnado do terceiro ciclo.
 
    A biblioteca pretende ser un lugar de encontro co mundo da fantasía, soños e ilusións. Coas diversas actividades que teñen lugar: contacontos, campañas de lectura, encontros con autores e autoras, ilustración,... confiamos que esa semente literaria que os nenos e as nenas levan no seu interior agrome, medre e dea os froitos desexados.