Falares é o nome da nosa revista. É unha publicación recente, xa que só conta con tres anos de vida. Sae coa chegada da primavera, no mes das nosas Letras. Parte desta revista versa en torno @ autor ou autora homenaxead@. Vén a sé-lo esforzo conxunto de toda a comunidade escolar. A publicación desta revista enche un oco á hora de traballa-la expresión escrita e a creatividade por parte do alumnado.
     Asemade tentamos, con esta publicación, converti-la nosa lingua en algo vivo e dinámico, que serva para pensar, expoñer, reflexionar,... Consideramos de especial importancia establecer unha relación co entorno máis próximo. A pretensión á hora de elabora-los traballos é estimula-la iniciativa e a capacidade creadora do noso alumnado. Temas de carácter social, lúdico-festivos, de inxenio e entretemento...converxen nas páxinas desta publicación escolar.
 

"Que a terra me conforte,
 a terra fresca
 onde meus pais lavraron,..."
 
     

 

"Campanas que tocades
todas do mesmo xeito,
unhas chegádesme á alma..."
  

“E ao cumprir os seis anos meu pai  levoume á escola. Deica entón a miña lingua única fora a galega; así que o choque máis importante que me produciu a escola foi o cambio de lingua”.

  
           
 

 

 

"Facede de Galicia

unha flor xunto ao mar,

a carón das ribeiras enmeigadas,..."

 

           

"Amigos da fala somos

I-O amor de Galicia sea..."

 

"Maruxiña voa, voa,
que eí che vén o verderol
enfeitado coa coroa
do circo roxo do sol"