Convivencias

Convivencias ESO

Rematando outubro, desfrutamos cos alumnos da ESO de dous días de
Convivencias Cristiás. Propoñiamos como obxectivos para estas dúas xornadas o
que o nome indicaba: por un lado a CONVIVENCIA entre rapaces (para fomentar o
sentido de pertenza ó colexio e a etapa) e entre rapaces e profesores: seguindo
o camiño que nos amosou Don Bosco, dentro do Sistema Preventivo, un achegamento
e acompañamento dos rapaces durante o tempo de lecer, que permita crear unha
confianza, que vai servir para que o alumnado teña ó profesorado como adulto de
referencia accesible, ó que poder acudir ante calquera problema, mellorando
desta forma a “convivencia” no colexio.

E por outro lado, o carácter CRISTIÁN, traballando os valores de Xesús,
amosando que non se diferencian moito dos valores positivos polos que aposta tamén
a sociedade laica. Na procura de crentes do século XXI, e abandonando prexuízos
derivados da impopularidade de ser adolescente e crente na sociedade de hoxe.

Podemos dicir que as reflexións foron dunha enorme
profundidade (desas que xamais conseguiriamos no contexto do colexio, pero si nun
entorno totalmente distinto), e nos momentos de meditación-oración conseguiuse
unha conexión brutal.

Pero ademais de traballar, fixemos outras cousas: tivemos un “Xogo da Oca”
con probas (os rapaces se motivaron tanto, que todos gañaron chuches como
premio!!!), un xogo nocturno (que case nos custa a voz a algúns da friaxe que
ía...) e moitos momentos de relax, que algúns aproveitaron para xogar ó fútbol
(como non), e outros para contar confidencias (non sabemos como tantas
teñen...)

Estamos moi orgullosos de poder dicir que a convivencia foi todo un éxito,
primeiro, porque acadamos sobradamente os obxectivos propostos; segundo, porque
o ambiente foi estupendo os dous días que durou a convivencia: todos de moi bo
humor, respectando escrupulosamente ás regras (incluso as máis “polémicas”: as
referentes os horarios de descanso, e ás restricións no uso do móbil, sen queixas
nin malas caras); e terceiro (e para nós, máis importante), tanto os rapaces
coma os maiores, desfrutamos moitísimo, e fabricamos un recordo máis de
felicidade que levarnos do paso polo colexio Don Bosco.

 

Distribuir contido