RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR 2018

Por medio da presente faise público que, de conformidade co disposto nos artigos 31, 37, 43 e 50 do Procedemento Electoral, a Xunta Electoral, na súa reunión do pasado 3 de decembro de 2018, á vista das Actas levantadas polas Mesas Electorais dos distintos sectores acordou proclamar candidatos electos aos seguintes:

 

Representantes dos Pais e Nais dos alumnos e alumnas:

- Dona Inés Jiménez Graña

- Don José Ángel Gómez Cabo

 

Representantes do Profesorado:

- Dona Natalia Domínguez Viñas

- Dona Mª del Mar Mera Parajó

 

Representante do Alumnado:

- Don Javier Blanco Rodríguez

Vigo a 4 de decembro do 2018