Dobraxe na escola

3º e 4º de primaria

  O mércores 24 de febreiro tivemos a oportunidade de compartir a xornada cos actores e dobradores Manuel Pombal e Suso Pando, fixéronnos un xogo dramático moi divertido de Tucho Raquetucho e a pelota peluda e mostráronnos a elaboración dunha película, dende a creación a ata a súa dobraxe. 
Logo disfrutamos poñendo a voz nun capítulo especial de Bob Esponja e abofé que nos encantou o resultado. Pero non pensedes que é tan doado, que se ler, que se simular, que se o son que se a voz, agora probamos, quen quere saír, silencio, gravamos.... escoitamos, e voilà! Que ben o fixemos!!!!! levaremos un dobrador dentro de nós?  

Resultado da dobraxe de 3º de primaria e resultado da dobraxe de 4º de primaria ... tod@s uns profesionais, os que gravaron e os que simularon gravación. Noraboa chic@s!!!! Un capítulo especial de Bob Esponja.

(Perdoade pola corte do principio, pillounos de improvisto e quedounos o profe Javi medio cortado)