IES A Pinguela - Proxectos europeos - Introdución
 
   
 
 

CONVOCATORIA PARA SELECCIÓN DE PARTICIPANTES NA ACTIVIDADE DE MOBILIDADE DE ALUMNADO DE CICLOS MEDIOS PARA PRÁCTICAS (FCT NO ESTRANXEIRO): ABRIL- XUÑO 2018.
Proxecto: 2016-1-ES01-KA102-024455 - EUROPING16/18

BASES DA CONVOCATORIA:

  • NORMAS XERAIS

Bolsas para realizar prácticas en empresas do estranxeiro, que computarán como horas do módulo de FCT, para alumnos de ciclos formativos de grao medio do IES A Pinguela dentro do programa Erasmus + (proxecto: 2016-1-ES01-KA102-024455 - EUROPING16/18 )

Período de realización: abril a xuño de 2018. Duración: 11 semanas (77 días) Número de prazas: 9 Prazo de presentación: ata o 31 de xaneiro de 2018. Ciclos formativos:

  • CMIMP01 Estética e beleza
  • CMIMP02 Peiteado e cosmética capilar
  • CMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes
  • CMADG01 Xestión administrativa
Países destino: Italia, Portugal e Reino Unido
A empresa será adxudicada polo IES A Pinguela segundo os obxectivos da FCT.
Lengua obxectivo: portugués, italiano e inglés.

Contía das axudas (80% antes da mobilidade e 20% despois):

DESTINO

MANUTENCIÓN

VIAXE

Italia

2507,00€

275,00€

Portugal

2188,00€

180,00€

Reino Unido

3054,00€

275,00€

 

As tarifas da viaxe están publicadas en:
http://www.sepie.es/doc/convocatoria/2016/FP/2016II-1-4II-2-4KA102MonoMultiAnexoIV.pdf
As tarifas da manutención están publicadas en:
http://www.sepie.es/doc/formacionprofesional/2016/Tarifas_2016_VET.pdf
  • REQUISITOS DOS CANDIDATOS
    • o Alumnos dos Ciclos Medios de de Estética e Beleza, Peiteado e Cosmética capilar, Sistemas Microinformáticos e Redes e Xestión administrativa durante o curso 2017-2018 que se cursen o módulo da FCT neste curso en período ordinario.
  • INSTANCIAS

Entregarase en prazo a seguinte documentación ó profesor coordinador de proxectos internacionais:

Os documentos en formato electrónico enviaránse á dirección:
ies.pinguela@edu.xunta.es

  • ÓRGANOS DE SELECCIÓN

Comisión de Mobilidade, formada por:

    • director do centro
    • profesor coordinador de proxectos internacionais
    • o titores de cada ciclo formativo implicado para o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT)
    • o profesor responsable da formación lingüística/cultural de reforzo
  • CRITERIOS DE SELECCIÓN

Serán seleccionados segundo os criterios seguintes coas cuantificacións e ponderacións indicadas:

1

Nivel de ingresos da súa unidade familiar:
Puntuación total (10) se foi bolseiro no curso anterior ó da selección; nula (0) no caso contrario

10%

2

Expediente académico.
Nota media sobre 10 dos módulos ata dous trimestres antes da FCT

20%

3

Nivel acreditado da lingua no país de destino.
Para elo tendranse en conta os estudos previos do idioma do país de acollida que acredite e realizaraselle unha proba avaliadora de selección enfocada cara a comprensión e a expresión oral e escrita por parte do profesor responsable da formación lingüística e cultural ou outro colega con competencias no idioma obxectivo (Puntuación segundo os niveles ECRFL acreditados <A1:0; A1:4 ; A2: 6; B1:8 ; >=B2: 10)
Para linguas de destino distintas do inglés, se o candidato non acredita competencias nela, valoraranse as competencias acreditadas en inglés según o nivel ECRFL <A1:0; A1:1 ; A2: 2; B1:3 ; >=B2: 4

30%

4

Nivel de motivación para participar no proxecto e madurez persoal:
Avaliada pola Comisión de Mobilidade (puntuación sobre 10) e consensuada pola mesma tendo en  conta: motivación, habilidade de comunicación, flexibilidade, empatía, capacidade de traballo en equipo, capacidade de compromiso, responsabilidade.

40%

 

  • RESOLUCIÓN (PENDIENTE)


CONVOCATORIAS ANTERIORES

 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela