Participación en convocatorias externas

O profesorado de cada materia fomenta a participación activa do seu alumnado en convocatorias realizadas por organismos oficiais relacionados co mundo educativo coa intención de poñelo en contacto con alumnado doutros centros cos que comparten as súas inquedanzas e ofrecer oportunidades para poñer en valor o coñecemento e as capacidades.

● Olimpíadas temáticas: Matemáticas, Bioloxía, Latín...

● Concursos, certames, exposicións...:

● Concurso de Robótica organizado pola Escola Técnica de Enxeñería Industrial de Vigo.

● Ludantia: Bienal Internacional de educación en arquitectura para a infacia e xuventude.

● Concurso de cultura clásica Odisea, organizado pola Sociedade española de estudos clásicos.

● Concurso escolar matemático: “Ligamats”, organizado pola Fundación Escola Rosalía.

● Concurso escolar de oralidade de ámbito galego “Tíralle da lingua” organizado pola Asociación Pedagóxica Galega.

● Certame Provincial de Regueifas promovido pola Deputación de Pontevedra.

● Certame poético “Lingua de naromar” organizado pola Consellería de Política Social.

● Certame de poesía escolar Rosalía de Castro convocado pola Fundación Rosalía de Castro.

● Concurso de relato contra a violencia de xénero, promovido pola Subdegación do Goberno de Pontevedra.

● Obradoiros, programas, xornadas...

● Obradoiros matemáticos “Imatxina”, organdizados porla Fundación Escola Rosalía.

● “Tecnólogo/a por un día” organizado por Amtega.

● Xornadas do Salón do libro de Pontevedra.

● Master class de física de partículas e Xornadas de investigación química. Organizadas pola Universidade de Santiago de Compostela.

● Outras participacións.

● Banco de alimentos. Colaboración con ONGs locais na recollida de alimentos.