Proxectos Interdisciplinares
Unha porcentaxe elevada do profesorado do centro organízase cada curso para deseñar e desenvolver un proxecto interdisciplinar que atinxa ás diferentes materias e case á totalidade do alumnado do centro. O obxectivo vén guiado pola filosofía educativa da aprendizaxe-servizo por iso se busca un produto final con utilidade real para a comunidade educativa ou a sociedade.

