STEM

 

 

O profesorado de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Matemáticas e Tecnoloxía fomenta a investigación, a  divulgación e visibilización da ciencia e a tecnoloxía, traballando cada curso co alumnado arredor de temas como o consumo sustentable, a alimentación equilibrada, hábitos saudables, etc. As conclusións e experimentos son explicados polo alumnado á comunidade educativa na Semana da Ciencia. 

Fomos o centro pioneiro na organización desta actividade, xestionada e promovida na actualidade polo Concello de Caldas, que se vén celebrando dende 2016 coa participación de todos os centros do Concello (coa interrupción obrigada polo confinamento por mor da pandemia), e que se converteu nunha experiencia de ciencia na rúa que lle permite ao alumnado asistente profundar na ciencia dende unha óptica activa e cooperativa e que constitúe tamén un momento de gran valor formativo para o alumnado que desenvolve os obradoiros.