Mellora da xestión do centro

FOL é unha aplicación online que se utiliza no centro para a xestión de diversos aspectos:

• Xestión das fotocopias, dos libros de Fondolibros e do inventario do centro.

• Xestión do préstamo de portátiles Edixgal e do material informático que se cede a alumnado e profesorado.

• Consulta de información do alumnado: atención á diversidade, autorizacións que presentou na matrícula, actividades programadas...

• Comunicación con familias e alumnado.

• Comunicación entre os titores/as e o profesorado para a solicitude da información que logo se lle ha transmitir ás familias.

• Consulta de horarios de grupos, profesorado, gardas... e tamén de listaxes e orlas de todo o alumnado.

• Reserva de aulas e espazos comúns do centro.

• Xestión da información que se publica para o alumnado que non pode asistir presencialmente a clases por estar en confinamento durante a pandemia.

• Avaliación das competencias clave.