Sustentabilidade

 

 

O Aquis está situado nun enclave natural considerado ben de interese cultural (BIC), a Carballeira e o Río Umia son a nosa contorna natural e para nós constitúen o recordo do noso compromiso moral coa sustentabilidade.

Participamos en:

- Campañas de sensibilización sobre a limpeza da contorna.
- Campañas de reforestación.
- Terra: estamos implicados dende o curso 2012 nun proxecto organizado polo Colexio oficial de arquitectos de Galicia para a toma de conciencia fronte ao feismo e de coidado e protección da paisaxe do centro e contorna..
- Reparto de froita fresca na aula (Programa FOGGA)