Festa da lingua

 

 

A lingua é falala…

A creación de espazos de uso para a lingua onde a xente nova socialice cos seus iguais é fundamental para a normalización, por iso se creou a Festa da Lingua, unha oportunidade para asociar o galego e o tempo de lecer.

A festa da lingua faise en colaboración cos equipos de dinamización dos centros educativos da contorna asociados en “Terras do Umia” para sacar á luz a creatividade do alumnado: concursos de microtextos, de canción, de relato oral… e nela colaboran artistas destacados do mundo da literatura e da música.







Tema do IES Aquis Celenis. Festa da lingua 2017.




Tema do IES Aquis Celenis. Festa da Lingua 2014.