Competencia Lectora

Na consecución da competencia comunicativa a biblioteca escolar ten un papel determinante, non só pola súa importancia para o fomento da lectura senón tamén como factor de alfabetización na procura de información, tanto en soporte tradicional como dixital. Somos centro Plambe dende o curso 2011 e, seguindo a súa filosofía, a biblioteca é un motor da dinamización do centro:

- Coordinación dos traballos interdisciplinares do centro. 

- Organización da hora de ler a través da implantación das Bibliotecas de aula.

- Participación do centro en relatorios e artigos en publicacións especializadas: 

A biblioteca aumentada.

As viaxes compartidas con outros clubs de lectura do iEscaldasletras a Portugal (2010-2015).

A alfabetización mediática e informacional.

-Clubs de lectura de alumnado, profesorado e familias. Unha das actividades estrela son as rutas literarias do alumnado  en xornadas de convivencia lectora compartidas co IES de Porto do Son levadas a cabo dende o 2010.