Proxecto de construcción dunha cociña solar parabólica.

O alumnado de Tecnoloxía industrial I e Debuxo Técnico I participou no desenvolvemento dun proxecto de construción dunha cociña solar parabólica.

Nunha primeira fase abórdase o deseño, o debuxo dos planos e a construción da superficie reflectora.

Nunha segunda fase deséñase e constrúese a estrutura que soporta ao reflector e ao recipiente que conterá os alimentos.

No mes de abril, dentro da programación das xornadas de oralidade, e coa colaboración do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, organizáronse unhas sesións demostrativas nas que o alumnado directamente implicado na construción da cociña solar explicou aos seus compañeiros de 1º de bacharelato os aspectos máis salientábeis do proxecto, quen á súa vez explicaron ao alumnado de 2º  da ESO diferentes cuestións arredor do uso das cociñas solares e das vantaxes de utilizar o sol como fonte de enerxía.

E como a parte demostrativa da xornada foi un éxito, ao final puidemos desfrutar dun chocolate ben quentiño.

Accede á información detallada sobre o proceso de construción da cociña solar parabólica.

Accede ao documento "A enerxía solar e as súas aplicacións: As cociñas solares."