Neste curso 2009-2010 decidimos adicalo á ORALIDADE, así como o curso anterior centrámonos na figura de Roberto Vidal Bolaño e o teatro galego.

     Nos tempos que corren o emprego do rexistro oral diminuíu moito debido a que os medios audiovisuais fan que sexamos máis espectadores que actores da palabra viva. E o ensino tamén caeu no erro e na trampa de centrarse nos contidos das materias e no uso da lingua escrita, deixando o emprego da lingua oral formalizada como ferramenta moitas veces secundaria e tanxencial. Para facer posíbel o obxectivo de fomentar a oralidade deseñamos nos distintos departamentos do instituto actividades e tarefas o que desenvolvesen: presentacións, contacontos, conferencias, exposicións, xogos populares...

     Desde o ENDL quixemos que a nosa fala, nestes días posta en cuestión por sectores da sociedade galega (suposta imposición, invalidez para a ciencia e a tecnoloxía...), siga a ser fala viva e orgullo dos que aman a Galicia, “doce mágoa das Españas”, como dicía Celso Emilio Ferreiro en Deitado frente ao mar, famoso poema que convén recordar de novo.