Rota lendaria por Brión
Cara a potenciar a lingua oral para o primeiro nivel de ESO deseñouse a actividade Lendas da contorna.
Esta actividade de recollida de tradición oral foi pensada para favorecer a conversa, a única fonte que podía utilizar o alumnado eran persoas, sobre todo persoas maiores o que tamén favorecería a relación interxeracional
Xa que a recollida de tradición débese facer seguindo un método de traballo sistemático e documentado, que evite que se perda a valiosa información das persoas que a transmiten, coidamos que tamén pode axudar á hora de que o noso alumnado aprenda a facer traballos rigorosos e informados.
Para motivar o traballo preparouse unha rota lendaria pola contorna. Elixíronse lendas que o alumnado achegou e que se desenvolven en diferentes puntos do concello, visitáronse e a persoa que recolleu a lenda contouna no lugar onde a sitúa a tradición oral.