Dentro das Xornadas de Oralidade tivemos a sorte de contar con Andrés Dominguez Almasa, que nos achegou dunha maneira única ao terror da Guerra Civil Española na nosa terra e analizou a repercusión da barbarie na propia lingua.

Andrés Dominguez Almansa, doutor en Historia
A súa investigación tense centrado na modernización e transformación social na Galicia de finais do XIX e primeiro tercio do século XX. Ten publicado artigos e libros, sendo o máis recente o libro HISTORIA SOCIAL DO DEPORTE EN GALICIA 1850-1920, Ed. Galaxia, 2009.
Dende o ano 2006 forma parte do proxecto interuniversitario "Nomes e Voces", adicado ao estudo da guerra civil en Galicia, especialmente centrado na análise da represión e o coñecemento das vítimas. Nesta investigación tense adicado especialmente ao estudo da memoria e o seu significado a traves das fontes orais, dando lugar, entre outros ao artigo "DE LOS RELATOS DE TERROR AL PROTAGONISMO DE LA MEMORIA: EL GOLPE DE ESTADO DE 1936 Y LA LARGA SOMBRA DE LA REPRESIÓN", publicado en 2008 na revista Historia, Antropología y Fuentes Orales.

escoitar a charla