Concerto de Ataque Escampe

 

 

   

 

     O día 21 de maio celebramos na carballeira de Santa Minia unha festa musical coa actuación do grupo "Rock de serie B", como se definen eles mesmos. Interpretaron pezas dos seus últimos discos, "Galicia es una mierda" e de "A Grande evasión". (Podedes escoitar se premedes  no título do disco).

A carballeira mítica de Santa Minia era un escenario idóneo para que unha lingua milenaria, o galego, fose cantada por un grupo de rock mozo que está petando forte. 

Esperemos que nun futuro poidamos volver a facer un concerto desta altura musical para todo o alumnado do instituto...