Xosé Manuel Beiras: A dignificación da lingua oral
Dentro das Xornadas de Oralidade que se foron celebrando no instituto os días 27 e 28 de abril puidemos contar cun ilustre veciño de Brión, o profesor Xosé Manuel Beiras Torrado, que nos expuxo dunha maneira moi didáctica e amena o percorrido que viviu a lingua galega para facerse lingua de uso oral público e como a súa xeración traballou pola elaboración dun nivel culto e que el persoalmente soubo elevar a grande altura nos seus discursos parlamentarios, seguindo os vieiros dos seus mestres.
![[Ciudades+Patrimonio+-+La+Coruña+-+Santiago+de+Compostela+-+Rua+Nova+02.jpg]](http://4.bp.blogspot.com/_fODr816ZUxY/SMnUd-qVpNI/AAAAAAAAAsY/G2K38ebD7Dw/s1600/Ciudades%2BPatrimonio%2B-%2BLa%2BCoru%C3%B1a%2B-%2BSantiago%2Bde%2BCompostela%2B-%2BRua%2BNova%2B02.jpg)




