Letras Galegas 2010: Uxío Novoneyra

O poeta Uxío Novoneyra, que será homenaxeado no Día das Letras Galegas do vindeiro ano 2010 FOTO: uxiovonovoneyra.com

     Uxío Novoneyra, o poeta do Courel,foi a quen se lle adicou o Día das Letras Galegas 2010. Poeta cunha obra concentrada e de grande intensidade lírica, onde  Home e  Terra forman parte dun universo en harmonía e como nos haikús xaponeses soubo expresar a densidade do sentir en fermosos caligramas. Tampouco se esqueceu da solidariedade dos demais homes do mundo e co pobo galego (podedes escoitar e ler "Vietnam canto" ou a "Letanía de Galicia".

     Coma todos os anos fixemos unha exposición de libros da súa autoría, así como numerosos traballos de investigación que van aparecendo ao longo do ano e que serven para profundizar na obra do escritor homenaxeado. Fíxose tamén unha exposición de caligramas feito polo alumnado que estivo exposto nas cristaleiras do Club de Lectura. No 1º andar estivo a exposición premiada para a Educación secundaria pola Secretaría de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia:

     O máis sorprendente deste ano foi a enorme simpatía que contou o Novoneyra co profesorado e a enorme cantidade de traballos que se fixeron en formato informático e que a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística foi colgando na súa páxina.