ENTREVISTA A BELÉN QUINTÁNS PARA RADIO EmBRIÓN E AUTOPÍAS

Belén Moldes e Camila Rey (1º ESO B) Brión 29 ABR 2013

 

Erica G. Castro, Belén Quintáns, Agustín Vázquez, Camila Rey e Belén Moldes

 

 

Nos inicios de marzo tivemos o pracer de contar con nós a unha veciña ilustre de Brión, Belén Quintáns, compañeira de Roberto Vidal Bolaño no Teatro do Aquí e con quen compartiu moitos anos de convivencia, os últimos na urbanización que está diante do instituto.

Belén está moi contenta de que este ano 2013 lle adiquen o Día das Letras Galegas, non só polo recoñecemento ao seu traballo e pola calidade da súa obra, senón sobre todo porque é a primeira vez que se recoñece á literatura dramática como parte das nosas letras, á altura da narrativa e da poesía.

RVB era un home xeneroso e consciente, participaba con quen llo pedise e implicábase na sociedade participando en moitas iniciativas. Era consciente de que Galicia tiña capacidade para ter un teatro propio, un teatro nacional, polos recursos que dispoñía.

Belén, que traballou de produtora do Teatro do Aquí, o seu obxectivo era sacarlle todo o partido posible ao espectáculo. O traballo en conxunto xunto con Roberto e os actores e actrices que participaban na obra.

O Teatro do Aquí naceu varios anos despois de que Roberto, que tivera o grupo Antroido, fora vetado pola Consellería de Cultura e ao non se sentir apoiado suficientemente pola xente do teatro deixouno, pero en realidade non era así porque sempre estaba falando ou facendo cousas relacionadas co teatro. Eu fun o que o convenceu e fundamos a compañía. Se o grupo Antroido tiña unha base no teatro popular, Teatro do Aquí querían ser unha forma de análise do presente.

Viviron moitísimas anécdotas nas súas actuacións. Roberto facía un teatro moi directo para que o espectador reflexionase por si mesmo e analizase os feitos que o rodeaban. Tiña unha relación moi especial co público.

Cando estaba escribindo era como quen non o tiña. Non tiña horario, valíalle calquera momento para escribir.

Animaliños, inspirada na urbanización onde vivían forma parte dunha triloxía xunto con Anxeliños e Criaturas. Chegamos a vivir a Brión. Unha urbanización era un microcosmos. Parecía que non mundo non hai nada máis có que pasa alí mesmo. Están de costas ao mundo rural, ao mundo da aldea. Isto impresionoulle moito a Roberto... Cando se fixo a representación en Brión os veciños da urbanización buscábanse entre os personaxes, e parecíalles moi simpático.

RVB  levou moi mal que As actas escuras, non foron representadas como dicían as bases do premio. Dicíanlle que ás veces non coinciden os intereses artísticos cos intereses promocionais do Camiño de Santiago. Propuxéronlle que a representarían se cambiase a escena final, pero el non o quixo facer. 

Belén Quintáns non ve moi ben o futuro do teatro galego. As institucións parece que queren acabar co pouco que queda. Prefiren que veñan espectáculos de Madrid. O 80 % dos actores están no paro e os concellos non están programando obras coma antes