RESEÑA SOBRE A ENTREVISTA DO ALCALDE DE BRIÓN

eriCa gonzález castro - 4º eso a Brión 29 ABR 2013

Xosé Luís García García, Alcalde do Concello de Brión

José Luís García García, alcalde de Brión, foi entrevistado polos alumnos de 2º de Bachiller.

Este home, coñecido por todos nós, leva no cargo desde as primeiras elección democráticas e considérase un político ao que lle gusta facer o seu traballo o mellor posible e sobre todo considerarse un veciño máis á hora de tomar decisións, poñéndose na pel de todos os brioneses.

A pesares de que cando era mozo non pensara na política como futura profesión, na súa traxectoria política demostrou o seu esforzo e as súas ganas de acadar o mellor para o seu concello. Desta maneira logrou converter un Brión descoñecido, nun Brión con multitude de instalacións e servizos, como foron o instituto, o centro médico ou a piscina cuberta. Pero o maior logro, o cal define como o orgullo máis grande, foi conseguir que tódalas aldeas do noso concello contaran con auga potable e alcantarillado.

José Luis, cuxo maior apoio foi a súa familia e o seu partido, ten como referente a Felipe González, ao que admira polos seus logros na historia da política, como son a educación e sanidade pública en España. Opina que o primordial nun concello é a cultura, os servizos sociais e a educación, polo que prefire aforrar en camiños e en alumeados, antes que quitarlle as actividades de ocio e o benestar ás persoas.

Describe a crise económica pola que estamos a pasar como unha situación tremenda, na que os recortes da Xunta e do Estado están a poñer en perigo a situación de todos. Pensa que se despilfarraron moitos cartos en cousas que non son realmente necesarias, como poden ser os tres aeroportos de Galicia, e deixáronse de lado as necesidades básicas dos cidadáns. Aínda que a situación é crítica, o alcalde fai unha chamada esperanzadora aos estudantes para que teñan unha preparación digna para o día de mañá, e dunha maneira ou outra, poder saír desta situación.

O alcalde, cuxa iniciativa levou a que Brión fose o primeiro concello en escribir as actas en galego, creou unha revista, “Altamira”. A razón pola que o fixo en galego, débese a que é partidario de que á xente se lle fale a lingua que falen, e afirma que se unha persoa perde a súa cultura, o perde todo. Considera que o galego ten un futuro complexo, porque é moi difícil a convivencia entre dúas linguas, e a existencia do galego pende dun fío.

Son moitas as frustracións e decepcións que sofre un alcalde, como puido ser o 23F, o cal José Luís viviu dunha maneira moi persoal, ou a situación actual do IES de Esparís. Pero tamén se ocasionan alegrías, como a satisfacción por Roberto Vidal Bolaño ao adicarlle o día das letras galegas este ano.

En boa medida, grazas a José Luís García García, Brión é o que é, e por moitos anos que pasen, nunca vai deixar de ser o que foi, un concello digno de chamarse concello.