TODO É SILENCIO
Cando Fins, o fillo de Lucho, veu coa contraorde da casa, de que si, de que saían ao mar, xa Antonio tiña claro que ían de pesca especial”.
“Leda saltou do cantil e foi hacia o grupo con andares decididos. A Fins sempre lle parecía que os seus pés se hundían na area máis cós dela. Ela non se hundía, ela impulsábase na area. Sobre todo cando tiña un obxectivo”.
“Mentres se traballa non se gañan cartos”.
“Cando te xogas a vida ao falar, todo é silencio”.
“A boca non é para falar, é para calar”.
“O mar dá a vida e dá a morte. Fala por si mesmo. O seu son recoñécese e sempre fala de recomezar. Fala a través de signos, é un falar iconográfico, fala co que transporta, o que chega, o que despraza ou o que vomita. O mar fala con signos e cada cousa que expulsa é o signo dunha época. Aquí o mar empezou botando laranxas e acabou botando mortos, entre os dous chegaron fardos de cocaína”.
