Artigos Comentarios Luns, 20 Abril 2026

Arquivo do tema "Curso novo, tema novo"



Curso novo, tema novo | 30 Abr 2013

MATEMÁTICAS: ATENCIÓN PROFES E FAMILIAS

PROXECTO ESTALMAT GALICIA para o estudo do talento en Matemáticas. Visitade esta web: http://www.estalmatgalicia.com/

Curso novo, tema novo | 29 Abr 2013

Educad aos nenos e non será necesario castigar aos maiores

Educad aos nenos e non será necesario castigar aos maiores

cartel-anpa-loli.jpg

Co Programa KTORCE-18 preténdese achegar a Lei 5/2000, reguladora da responsabilidade penal dos menores aos seus protagonistas, os adolescentes e as súas familias

INTERVEN: Ana Pérez Figueroa, Educadora Social “coordinadora da área de reforma”da asociación Arela.
A Asociación ARELA traballa dende o ano 2000 na execución de medidas xudiciais impostas a adolescentes e mozos/as por delitos cometidos antes de cumprir a maioría de idade.

DIA, LUGAR E HORA: 7 de maio de 2013, ÁS 18:30 horas no salón de actos do IES Eduardo Pondal na rúa Rúa do Doutor Maceira, 9 (ao lado do Hotel Peregrino). TF. 981 522154

Asistencia: Recomendada para pais/nais con fillos/as adolescentes ou con fillos/as pequenos, educadores/as, profesorado e representantes dos medios de comunicación pola súa laboura de difusión e comunicación
SERVICIO DE GARDERIA

Curso novo, tema novo | 03 Abr 2013

AXUDAS DA XUNTA PARA A FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS

De interes para alumnado de ESO e Bacharelato. Adxuntamos arquivo completo do DOGA de 22 de marzo de 2013.
axudasle1.pdf

Curso novo, tema novo | 19 Mar 2013

REUNIÓN INTERCAMBIO CON CANADÁ

XOVES, 21 DE MARZO DE 2013, 18.00 h. 

IES EDUARDO PONDAL


Achego información sobre a organización OSEF que realiza intercambios de estudantes entre 13 e 17 años con estudantes de Canadá, procedentes de Alberta (zona anglófona).

A persoa de contacto en Galicia é Natalia Fuentes (canada.osef@gmail.com).

O día 21 de marzo, ás 18.00, no IES Eduardo Pondal, haberá unha reunión informativa en Santiago cas familias interesadas.

Os españois viaxan a Canadá a mediados de agosto ata finais de outubro (aprox. 9 semanas), comezando o curso alá cos sus corresponsales, nos High School que estudan eles e escollendo aquellas asignaturas que crean máis convintes durante eses dos meses. A vida faise ao l 100% ca familia. Eles veñen aquí nos meses de febreiro e marzo. Irían a clase no Instituto cos nosos (ainda que este tema está sin tratar co Director por parte da organización, pero ningún centro púxolles problema ata agora). Este é o primeiro ano que o fan en Galicia. Xa participaron rapaces de Madrid, Valencia e Pais Vasco.

 

Curso novo, tema novo | 29 Set 2012

Benvida e acollida a pais e nais de alumnos de 1º

Xoves 4 de Outubro, ás 18:30 no Instituto