Artigos Comentarios Luns, 20 Abril 2026

Arquivo do mes de "Marzo 2013"



Curso novo, tema novo | 19 Mar 2013

REUNIÓN INTERCAMBIO CON CANADÁ

XOVES, 21 DE MARZO DE 2013, 18.00 h. 

IES EDUARDO PONDAL


Achego información sobre a organización OSEF que realiza intercambios de estudantes entre 13 e 17 años con estudantes de Canadá, procedentes de Alberta (zona anglófona).

A persoa de contacto en Galicia é Natalia Fuentes (canada.osef@gmail.com).

O día 21 de marzo, ás 18.00, no IES Eduardo Pondal, haberá unha reunión informativa en Santiago cas familias interesadas.

Os españois viaxan a Canadá a mediados de agosto ata finais de outubro (aprox. 9 semanas), comezando o curso alá cos sus corresponsales, nos High School que estudan eles e escollendo aquellas asignaturas que crean máis convintes durante eses dos meses. A vida faise ao l 100% ca familia. Eles veñen aquí nos meses de febreiro e marzo. Irían a clase no Instituto cos nosos (ainda que este tema está sin tratar co Director por parte da organización, pero ningún centro púxolles problema ata agora). Este é o primeiro ano que o fan en Galicia. Xa participaron rapaces de Madrid, Valencia e Pais Vasco.

 

Xeral | 19 Mar 2013

XUNTANZA IMPORTANTE XOVES, 21 MARZO, 17 H. IES PONDAL

AOS PAIS E NAIS DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA DOS CEIP QUIROGA PALACIOS E ROXOS E DO COLEXIO A MILAGROSA
Prezadas familias:

Nesta semana na que os alumnos e alumnas de sexto de primaria teñen que facer a reserva de praza nos centros de ensino secundario aos que están adscritos, dende a ANPA do IES Eduardo Pondal temos o gusto de convidarvos a unha reunión informativa sobre este centro que terá lugar o xoves, 21 de marzo de 2013, ás 17.00h no IES Eduardo Pondal.

Para isto contaremos ca presenza do Director do instituto, teremos a oportunidade de coñecer o Centro e compartir as nosas dúbidas.

Como seguramente saberedes, neste próximo curso, o CEIP de Ventín deixará de estar adscrito ao noso Instituto, xa que comezará o seu funcionamento o IES do Milladoiro. Isto suporá algúns cambios (sobre todo no transporte).

Esperando saudarvos en persoa o xoves, recibide un cordial saúdo

 A Xunta Directiva da ANPA do IES Eduardo Pondal