Curso novo, tema novo | 30 Abr 2013
MATEMÁTICAS: ATENCIÓN PROFES E FAMILIAS
PROXECTO ESTALMAT GALICIA para o estudo do talento en Matemáticas. Visitade esta web: http://www.estalmatgalicia.com/
Xeral | 30 Abr 2013
Campamentos deportivos
De interés para rapaces e rapazas nados entre 1999 e 2003: o Concello de Santiago oferta 35 prazas nos Campamentos Deportivos da Deputación de A Coruña.
Máis información neste enlace
Baixa o tríptico coa ficha de inscripción
Curso novo, tema novo | 29 Abr 2013
Educad aos nenos e non será necesario castigar aos maiores
Educad aos nenos e non será necesario castigar aos maiores
Co Programa KTORCE-18 preténdese achegar a Lei 5/2000, reguladora da responsabilidade penal dos menores aos seus protagonistas, os adolescentes e as súas familias
INTERVEN: Ana Pérez Figueroa, Educadora Social “coordinadora da área de reforma”da asociación Arela.
A Asociación ARELA traballa dende o ano 2000 na execución de medidas xudiciais impostas a adolescentes e mozos/as por delitos cometidos antes de cumprir a maioría de idade.
DIA, LUGAR E HORA: 7 de maio de 2013, ÁS 18:30 horas no salón de actos do IES Eduardo Pondal na rúa Rúa do Doutor Maceira, 9 (ao lado do Hotel Peregrino). TF. 981 522154
Asistencia: Recomendada para pais/nais con fillos/as adolescentes ou con fillos/as pequenos, educadores/as, profesorado e representantes dos medios de comunicación pola súa laboura de difusión e comunicación
SERVICIO DE GARDERIA
