Artigos Comentarios Luns, 20 Abril 2026

Arquivo do tema "Xeral"



Xeral | 12 Xan 2021

Nova etapa da Anpa Peregrina

O  18 de novembro de 2020 en asemblea extraordinaria foi escollida unha nova directiva da asociación, que quedou composta por:

Presidenta: Esther Martínez Piñeiro

Secretaria: Lucía Castro Díaz

Tesoureira: Elvira Martínez López

Vogal: Ana  García Santiso

Xeral | 10 Xuñ 2014

ANPA Peregrina › Crear unha Nova Anotación — WordPress

Xeral | 23 Set 2013

EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

cartaz-plataforma-marcha-a.jpg

O próximo 28 de setembro a Plataforma Galega en defensa do Ensino Público ten convocada unha marcha sobre Compostela, que vai arrincar de catro puntos da cidade (o Tambre, o Monte do Gozo, o CEIP de Lamas de Abade e a Ponte da Rocha) ás 10:30 horas e confluirá, logo dunha camiñada na Praza de praterías ás 12 horas.

Cando esteamos na Praza de Praterías, faremos un breve acto, lectura dun manifesto, unha pequena actuación musical, e non moito máis porque a pretensión é que remate á unha da tarde.

Para este acto virán xentes de todo o País, porque a LOMCE está xa a punto de ser unha realidade e quédannos moi poucas ocasións de lle demostrar a este goberno que é unha lei que non queremos, e que ten un enfoque que non desexamos como sociedade. 

De momento xa conseguirmos, a base de mobilizacións permanentes, a promesa de todos os grupos parlamentarios de derrogar esta lei no momento en que cheguen ao Goberno; agora tócanos continuar para que a Lei saía, se chega a saír, tocada e feble.

Por iso, dende a nosa anpa animámosvos a participar, a que se nos vexa alí, con todos, dicindo que NON á LOMCE, e que SI ao futuro dos nosos servizos públicos, e ao futuro dos nosos fillos e fillas na escola de todos.

Saúdos

Xunta directiva da Anpa

Xeral | 30 Abr 2013

Campamentos deportivos

De interés para rapaces e rapazas nados entre 1999 e 2003: o Concello de Santiago oferta 35 prazas nos Campamentos Deportivos da Deputación de A Coruña.

Máis información neste enlace

Baixa o tríptico coa ficha de inscripción

Xeral | 19 Mar 2013

XUNTANZA IMPORTANTE XOVES, 21 MARZO, 17 H. IES PONDAL

AOS PAIS E NAIS DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA DOS CEIP QUIROGA PALACIOS E ROXOS E DO COLEXIO A MILAGROSA
Prezadas familias:

Nesta semana na que os alumnos e alumnas de sexto de primaria teñen que facer a reserva de praza nos centros de ensino secundario aos que están adscritos, dende a ANPA do IES Eduardo Pondal temos o gusto de convidarvos a unha reunión informativa sobre este centro que terá lugar o xoves, 21 de marzo de 2013, ás 17.00h no IES Eduardo Pondal.

Para isto contaremos ca presenza do Director do instituto, teremos a oportunidade de coñecer o Centro e compartir as nosas dúbidas.

Como seguramente saberedes, neste próximo curso, o CEIP de Ventín deixará de estar adscrito ao noso Instituto, xa que comezará o seu funcionamento o IES do Milladoiro. Isto suporá algúns cambios (sobre todo no transporte).

Esperando saudarvos en persoa o xoves, recibide un cordial saúdo

 A Xunta Directiva da ANPA do IES Eduardo Pondal

Xeral | 19 Feb 2013

TABOLEIRO DA ANPA - BECAS INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

No BOE de onte saen as becas para inmersión lingüística para alumnos de Bacharelato:http://www.boe.es/boe/dias/2013/02/19/pdfs/BOE-A-2013-1841.pdf

Descargar: BECAS

Xeral | 03 Dec 2012

Acerca da Ley da Wertgonza

Pais e nais do Instituto Eduardo Pondal:

    Achegamos por cortesía do profesor de Filosofía Miguel Vázquez Freire, autor do traballo, a súa conferencia sobre a LOMCE (Ley de Mellora da Calidade Educativa, máis coñecida como Ley Wert e, a xuicio desta ANPA, Ley da Wertgonza).

acerca-da-lomce.pdf

    Foi a conferencia que Miguel compartiu connosvo a semana pasada na xuntanza da ANPA: compre estar informados do asunto que afecta seriamente ó futuro educativo dos nosos fillos e fillas, e participar no debate.

    Aproveitamos a ocasión para invitar a todos a sumarse ás avtividades da ANPA A PEREGRINA, compartir os nosos correos cos voso amigos e coñecidos que teñan fillos/as no Centro e, en resumo, animarse a participar.

Xeral | 30 Nov 2012

A Presidenta da ANPA no Consello Escolar

Nas recentes elecións ó Consello Escolar foi elixida en representación dos pais e nais do centro a presidenta da ANPA, Sonia Calvete. Noraboa e grazas a todos os que a votaron.

Xeral | 14 Nov 2012

A ANPA DO IES PONDAL APOIA A FOLGA XERAL DO 14 DE NOVEMBRO

A ANPA do IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela comunica o seu apoio á folga xeral do mércores 14 de novembro. Esta folga foi convocada por tódolos sindicatos e apoiada por un amplo conxunto de asociacións entre as que figura a Federación de ANPAs de Compostela.

A razón de que unha asociación de nais e pais se sume a unha folga xeral é que consideramos que estamos a atravesar un momento de emerxencia social: tras unha reforma laboral na que os traballadores vimos minguados os nosos dereitos, o paro segue aumentando, imparable, ao tempo que se recortan os salarios e os impostos soben, empobrecendo ás clases traballadoras de maneira palpable día a día.

Ademais, como ANPA aféctannos moi directamente os recortes en educación, que hipotecan a nosa vida e o futuro dos nosos fillos e fillas; a educación sofre unha mingua na súa calidade, con aumento do número de alumnos por aula e redución do profesorado en primaria e secundaria, por máis que tenten disfrazarse as cifras ou as intencións destas medidas. E non debemos esquecer que temos á vista unha nova lei de educación que claramente pretende beneficiar os intereses das clases altas, favorecer o ensino privado e facer cada vez máis difícil o acceso ó ensino para as familias menos favorecidas económicamente.

Os recortes en educación son só unha pequena parte das razóns que levan a un bo número de colectivos a unirse nesta folga e son, por si mesmas, abondo para movernos, para unirnos pedindo unha política que nos achegue a un futuro máis xusto, máis igualitario a través dunha educación pública e de calidade para todos.

Cremos que é moi importante que as autoridades perciban que non estamos de acordo co que nos están ofrecendo nin co que nos queren impoñer para o futuro: coa participación de todos, a nosa voz soará máis forte.

Recibide un saúdo

Xunta Directiva da ANPA do IES Eduardo Pondal (Santiago)

Xeral | 20 Xuñ 2007

QUÉ FACEMOS

CONTACTA CON NÓS NO MAIL anpaperegrina@gmail.com

ou no FACEBOOK: http://www.facebook.com/#!/pages/ANPA-A-Peregrina/282455535198817

Incripción e pago da cuota

A  ANPA “PEREGRINA” É A  ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DO INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA  “EDUARDO PONDAL”. 

Deste xeito as nais e pais dos alumnos formamos parte da Comunidade Educativa do Centro, traballando en nome de todos nos seguintes temas:

·                     Representamos aos pais e nais no Consello Escolar e nas súas Comisións ou grupos de traballo.

·                     Mellora da convivencia escolar (na Comisión de Convivencia)

·                     Mellora do funcionamento e instalacións do centro (no Plan de autoprotección do centro ,na Comisión de Libros de texto, na Comisión Económica…)

·                     Asesoramento de nais, pais e alumnos.

·                     Colaboramos economicamente para a  excursión de fin da ESO.

·                     Outros.

Así mesmo recordamosvos que a participación das nais e pais é imprescindible para exercer o voso dereito a intervir na xestión do centro e no seu control. Por iso  FAITE SOCIO DA ANPA.

 Basta con aboar a cantidade de 12 euros por familia e ano, no número de conta que figura no impreso de inscrición que se xunta no enlace seguinte. Premendo neste enlace  podedes imprimir o impreso  para realizar o pagamento da cuota de socio da ANPA no banco.