Artigo enviado para Xeral o 12 November, 2013 0 comentarios »
Confío en ter revisados os traballos do mes de outubro ao longo da semana vindeira. Comunicarei os resultados á profesora.
Pero, mentres tanto, xa podedes comezar a preparar o novo traballo.
O seu tema é:
SER BO É O MESMO QUE SER FELIZ?
Como podedes ver, este tema coincide co mesmo que será obxecto da próxima tertulia, aínda que […]
Artigo enviado para Xeral o 6 November, 2013 3 comentarios »
Trala nutrida asistencia á tertulia de outubro, convócase a nova tertulia para o xoves día 28 de novembro, na biblioteca, das 17 ás 18 horas.
O TEMA escollido para esta nova sesión foi o proposto por Sarela: A FELICIDADE.
Para preparar o tema, as lecturas recomendadas son:
- “Ética a Nicómaco” de Aristóteles Cap. I, 5 e 7; […]
Artigo enviado para Xeral o 29 October, 2013 0 comentarios »
Tal como foi advertido a comezos da pasada semana, a tertulia tivo que ser adiada para o mércores día 30, ás 17 h, na biblioteca do centro.
Lembro que ata este momento aínda non se recibiu ningún traballo e que estes deben ser presentados antes de concluír este mes.
Só quen teña decidio optar por desenvolver unha […]
Artigo enviado para Xeral o 22 October, 2013 0 comentarios »
Dado que para o xoves día 24 está prevista a convocatoria dunha folga no sector de ensino, trasládase a convocatoria da tertulia para o mércores día 23, no mesmo lugar e á mesma hora: biblioteca do centro, de 17 a 18 h.
Artigo enviado para Xeral o 14 October, 2013 0 comentarios »
A primeira tertulia terá lugar o xoves día 24 de outubro, das 17 ás 18 horas. O tema da tertulia será o mesmo do traballo de mes, isto é, a resposta á pregunta “Quen son eu”, ou o que é o mesmo, o tema filosófico da IDENTIDADE. Para preparar este tema, cómpre ler algúns dos […]
Artigo enviado para Xeral o 7 October, 2013 5 comentarios »
O traballo a desenvolver este mes é o mesmo que foi proposto no mes de outubro do pasado curso (12-13). Debedes, xa que logo, acceder aos artigos que figuran arquivados no mes de outubro de 2012, e ler o artigo enviado o 9 de Octubro de 2012. Veredes que o obxecto é responder á cuestión […]
Artigo enviado para Xeral o 17 September, 2013 0 comentarios »
A través deste blog, tanto o alumnado de 1º como o de 2º de bacharelato, atopará informacións e propostas de traballo, algunhas con carácter común (como, por exemplo, as tertulias), outras específicas, ben de 1º, ben de 2º.
Para comezar, de seguido podedes ver os criterios xerais que se seguirán para a avaliación, tanto en 1º […]
Artigo enviado para Xeral o 8 May, 2013 13 comentarios »
Este traballo é obrigatorio tan só para o alumnado que non estea comprometido na realización dun proxecto de investigación.
O punto de partida para o traballo é a lectura do brevísimo capítulo 30 do libro titulado “42: La respuesta de pensamiento profundo a la vida, al universo y a todo” (Alianza Editorial) cuxo autor é Mark […]
Artigo enviado para Xeral o 7 May, 2013 0 comentarios »
Tralo último encontro desenvolvido arredor da crítica platónica á democracia, imos continuar falando de filosofía política na próxima (e probablemente última deste curso) sesión de tertulia, que terá lugar o xoves día 30 de maio, ás 17 horas, na biblioteca, en que afrontaremos a seguinte cuestión:
Pode axudar a filosofía política a vivir mellor e organizar […]
Artigo enviado para Xeral o 26 April, 2013 0 comentarios »
Pediume Arantxa que colgase no blog os apuntes de Ética para preparación do exercicio escrito. Velaquí os tendes:
1. ¿Qué es la Filosofía Moral?
La ética como disciplina filosófica se encarga de estudiar aquellas ideas de carácter moral que tienen una base filosófica. Es decir, la ética, en vez de dar simplemente por supuestas estas ideas, las […]