RSS para
Artigos
Comentarios

O MITO DA CAVERNA

Alumnos e alumnas de 2º de  Bacharelato neste enlace tedes moi ben explicada esta teoría de Platón. Aproveitádea. Espero que vos sirva!

diap_img090514164514_350×263_0_0_0_02.jpg

Durante os días 8, 9,e 10 de marzo celebrarase en Lugo unha nova edición do  Festival   de teatro grecolatino de Lugo. Este ano irán 52 alumnos e alumnas do noso centro, que son de 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato. Asistirán o martes, dia 9 de marzo, a dúas representacións de teatro grego: pola mañá á  comedia “Asamblea de mulleres” de Aristófanes, representada polo grupo extremeño Párodos e pola tarde á traxedia As Troianas de Eurípides, representada polo grupo Parrocha de A Coruña, herdeiros do grupo Sardiña.

Acompañaron aos seus alumnos as profesoras Conchita Abuín, profesora de Lingua Española,  Inmaculada Mayer, profesora de Historia, e Maite Miñambres profesora de Grego.

aureus.pngCentauros de ouro 2009

 Ao celebrarse o día de Internet (17 de maio), Chiron concede o Centauro de Ouro a aqueles blogs de temática clásica, mantidos por alumnos, que constitúen un exemplo a seguir e un estímulo para fomentar o amor polo mundo grecorromano.Nesta terceira convocatoria, o Centauro de Ouro correspondeu a:

- M@riel, polo seus dous blogs relativos a Grecia  (Tras las huellas de los dioses) e a Roma (Hijos de Marte). O valioso contido de ambos blogs vese acrecentado se temos en conta que a súa autora, que vive en Galicia, é unha alumna de terceiro curso da ESO.

- E ao blog Aracne fila i fila, do IES Cristòfol Ferrer, de Premià de Mar. Trátase dun blog de aula, onde publican os seus traballos os alumnos de latín, grego e Cultura Clásica, dende 3º da ESO ata 2º de bacharelato.

Dende Chiron queremos felicitar sinceiramente a M@riel e aos autores de Aracne fila i fila (coa súa profesora Margalida Capellà á cabeza) á vez que os animamos a seguir coa súa labor, e desexamos que cunda o exemplo entre os estudantes que teñen verdadeira estima polo mundo clásico. Non é outra a razón da existencia dos Centauros de Ouro.

Estes son os cuestionarios que debedes facer e entregar antes do día 21 de Maio. 

Este recurso pode ser de moita utilidade para os alumnos e alumnas de 2º de bacharelato de Grego:
Temario de literatura grega de 2º de BAC

Publish at Scribd or explore others: School Work guerra peloponeso arquíloco

PARTES DUN TEATRO GREGO

Aquí tedes un bo recurso dunha colega, profesora de grego, para estudiar o espacio teatral na antiga Grecia:

p3100561.JPGp3100560.JPGp3100558.JPG

Remata o festival de teatro grecolatino

Lugo 2009


 Durante os días 9, 10 e 11 de marzo celebrouse o IX Festival de teatro Grecolatino de Lugo. Na inauguración do Festival entregáronse os premios aos equipos gañadores do concurso de cultura clásica Odisea 2009. Por primeira vez alcánzouse a cifra de 90 centros asistentes e 4.321 espectadores, procedentes de toda Galicia, Asturias e León.O noso centro asistiu con 40 alumnos e alumnas de 1º e 2º de Bacharelato o martes , día 10 de marzo, á representación dunha traxedia de Sófocles, Antígona, e dunha comedia de Plauto, Mostellaria. Os nosos alumnos puideron disfrutar con dúas representacións de teatro clásico a cargo do grupo de teatro Balbo de Puerto de Santa María, grupo pioneiro dos grupos escolares de teatro grecolatino. Acompañaron aos seus alumnos as profesoras Conchita Abuín, profesora de Lingua Española,  Inmaculada Mayer, profesora de Historia, e Maite Miñambres profesora de Grego. Ver reportaxe fotográfico .

itaca1.jpgO luns, día 2  de  febreiro,  comeza o  IV CONCVURSO DE CVLTVRA  CLÁSICA  ODISEA 2009.  Dende o luns ao xoves da próxima semana celebrarase a  1ª fase do concurso. Para  ver o  calendario completo e as bases facede un click aquí. Desexo aos equipos de grego que se embarcaron nesta nova  aventura  que realicen   un  bo traballo, participen  con  deportividade e cheguen a   porto, enriquecidos   pola viaxe que emprenderon.

Participan 7 equipos de alumnos e alumnas de grego deste centro:

·        4 equipos de 1º B:

AS FURIAS (Alba Landeira Moure, María Tuñas Gómez, Olaia Becerra Suárez)

LORCHI (Gemma Iglesias Seijo, Lucia Roca Otero, Jessica Do Amaral Costa)

AVA (Victor Manuel  Giadás Sánchez, Adrián Martínez  Caamaño, Alexandra Ariza Vega ) 

ÁSTER ( Beatriz Ledo,  Giorgina Maillot Bueno, Paola Mariel Vidal Ramundo)

 ·        2 equipos de 2º A:

PODEROSA AFRODITA (Miriam Buján Vigo, Sandy Marie Cebral Gómez)

JALEPÁ TÁ KALÁ  (Julio Alberto Bernárdez Fernández, Andrés Jesús Ortueta Bermejo, Miguel Ángel Romero Gómez)

 

ARDE LUCUS AUGUSTI

Do venres, día 20 ao domingo 22 de xuño celébrase na cidade de Lugo a festa romana de “ARDE LUCUS”. A cidade vai revivir nestes días a vida cotiá e a cultura da antiga Lucus Augusti. Consultade á páxina web deste evento.

saguntoteatre-customsize_182141.jpg Unha vez máis os nosos alumnos e alumnas de Cultura Clásica e de Grego     disfrutaron, o pasado día 6 de marzo, coas obras de teatro  clásico que se veñen representando todos os anos en Lugo,  gracias ao espléndido traballo que A Sociedade de Estudios Clásicos de Galicia realiza organizando un evento que é seguido por miles de alumnos e alumnas de toda Galicia.  Consultade a páxina     web da SEEC.

« Ant. - Seg. »