
Coarenta e tres alumnos e alumnas do noso Instituto asistirán ao Festival de Teatro Grecolatino de Lugo que este ano se celebra durante os días 3, 4, 5 e 6 de marzo.
Acompañaremos aos nosos alumnos e alumnas as Prof.as Inmaculada Mayer e Maite Miñambres.
Ás 8:45 partiremos cara a Lugo en autobus e estaremos de volta en Santiago sobre as 20:30 horas.
O programa das representacións teatrais será o seguinte:
TROYANAS, Eurípides
Grupo de Teatro do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago
Nubes, Aristófanes
Grupo Prósopon do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz
Arquivado en Teatro | Comments Off
ADAPTACIÓNS DA ILÍADA E DA ODISA

Na Biblioteca Teide publicáronse Las Aventuras de Ulises ( adaptación da Odisea) e La cólera de Aquiles (adaptación da Ilíada) que son de gran interese como lectura na ESO.
Son adaptacións en prosa sinxela que respetan o contido da obra orixinal e teñen unha introducción, notas a pé de páxina, mapas, glosario de nomes e unhas completas guías de lectura. As introduccións son de Margalida Capellá.
Nas introduccións trátase dos aspectos máis xerais da obra e hai unha guía onde se tratan aspectos de cada capítulo. A continuación hai actividades sobre toda a obra.
.
Arquivado en Cultura Clásica | Comments Off
O día 6 de marzo viaxaremos a Lugo para asistir a unha xornada de Teatro, de teatro grego. Este é oprograma:
Día 6 de marzo, Xoves
12:00 horas
TROYANAS, Eurípides
Grupo de Teatro do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago
17:00 horas
Nubes, Aristófanes
Grupo Prósopon do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz
Arquivado en Actividades extraescolares | Comments Off
Xa se coñecen os gañadores do concurso en Valencia, e foi publicada tamén a clasificación definitiva dos 116 equipos que alí participaron.
Foron numerosas as entradas nos blogs referidas ao concurso, moitas con comentarios e reflexións máis que interesantes. Podemos lelas en Calíope, Porque me gusta, Voces Griegas, Los Trabajos de Hércules ou Dives Gallaecia.
Arquivado en Concursos | Comments Off
Quero dar as gracias a todos os equipos por ter participado con tanto entusiasmo nesta viaxe, ODISEA 2008, chea de esforzo pero tamén de satisfacción cando encontrabades as respostas, despois de deixar atrás a Escila e Caribdis.
Erades nove equipos e dous chegastes a bo porto só que un pouco máis tarde que os que gañaron. Non importa, para min sodes gañadores do máis alto galardón: o interese polo saber. Non o perdades¡¡¡
Arquivado en Concursos | Comments Off
Despois do desempate finalizou a primeira fase do concurso Odisea 2008. Estos son os cinco primeiros equipos clasificados:
- PRIMUS BETA, do IES Fontexería de Muros
- SECUNDUS ALFA, do IES Fontexería de Muros
- SECUNDUS BETA, do IES Fontexería de Muros
- LOS ARISTÓCRATAS, do IES de Ames
- LOS ESPARTANOS, do IES Ramón María Aller de Lalín
O equipo gañador da nosa Comunidade, PRIMUS BETA, primeiro clasificado, disputará a segunda fase do concurso co gañador da comunidade Valenciana, nun novo preguntón que se disputará o próximo xoves 14 de febreiro.
Arquivado en Concursos | Comments Off
Podedes ver no enlace que vos propoño unha interesante páxina sobre as Vias Romanas
Arquivado en Cultura Clásica | Comments Off
O próximo día 6 de marzo, viaxaremos con 45 alumnos e alumnas a Lugo para asistir ao festival de Teatro Grecolatino que se celebra en diferentes localidades de toda España e que en Lugo se celebrará este ano do 3 ao 6 de marzo, organizado pola sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos. Asistiremos ás represetacións dunha traxedia, Troianas de Eurípides, e dunha comedia, As Nubes de Aristófanes. No camiño de ida pararemos en Vilar de Donas para visitar a egrexa románica de S. Salvador de Donas.
Acceso ao programa
Arquivado en Teatro | Comments Off
A delegación galega da Sociedade de Estudios Clásicos acaba de convocar o concurso de cultura Clásica ODISEA 2008. Desde aquí animo aos alumnos e alumnas de Cultura Clasica de 3º e de Grego de 1º e 2º de Bacharelato a participar.
Acceso ás bases e ao calendario do concurso
Arquivado en Concursos | Comments Off
Os Argonautas recollen o 1º Premio do Concurso Odisea 2007 en Lugo
O pasado 17 de abril o grupo “Argonautas” de 3º T, alumnos/as de Cultura Clásica do noso instituto, que participou no concurso “on line” de Cultura Clásica Odisea 2007, recolleu o 1º premio do concurso en Lugo, no Auditorio “Gustavo Freire”, onde durante tres xornadas se celebrou unha nova edición do Festival de Teatro Grecolatino.
Alumnos e alumnas do noso centro, estudiantes casi todos eles de Cultura Clásica, de Grego e de Latín, asistiron á representación dunha traxedia, Helena de Eurípides, e dunha comedia, Pluto de Aristófanes, a cargo do grupo Selene do IES Carlos III de Madrid.
Arquivado en Concursos | Comments Off