ies Pintor Colmeiro
Benvida! / U-lo centro? / Que pretendemos?s Ferreiras s/n 36540 Silleda (Galiza) 986 580 904 Fax: 986 581 069

Algunhas obras:

Manuel Colmeiro Guimarás (1901-1999)

No ano 2000 o consello escolar do instituto decidíu adicarlle o nome do centro a Manuel Colmeiro Guimarás, un dos pintores máis representativos do Movemento de Renovación da pintura galega.

Manuel Colmeiro Guimarás naceu en Chapa, concello de Silleda no 1901. Sendo moi novo, emigrou á Bos Aires, Arxentina, onde compaxinou estudos pictóricos nocturnos co traballo nunha fábrica de zapatos. Durante un ano estudou por libre na Academia de Belas Artes, que abandonou para formar un grupo de traballo con pintores e escultores como Demetrio Urruchúa, Pompeyo Audivert e Plana Casas. Moitas das obras realizadas nesta etapa, de carácter expresionista, destrúeas antes do seu regreso a Galiza no 1926.

Realiza a súa primeira exposición no 1928 nos salóns do Faro de Vigo en Vigo. A Deputación de Pontevedra concedeulle unha bolsa que lle permitíu viaxar a Madrid e asistir á Academia de San Fernando, aínda que parece que el prefería formarse por libre asistindo asiduamente ao museu de El Prado. Este mesmo ano casou con Emilia González Colmeiro. No 1932 participou nunha exposición sobre novos pintores galegos na Barraca de García Lorca.

Ao estalar a Guerra Civil española exíliase a Bos Aires onde resideu até 1948. Durantes estes anos participou no ambiente dos exiliados relacionándose con Seoane, Dieste e Rafael Alberti entre outros. No 1949 trasladouse a París, residencia na que morou até o ano 1989 en que regresou a Galiza. Está considerado un dos integrantes da Escola Española de París.

Nos anos 60 chegoulle o recoñecemento masivo con exposicións individuais en Londres, París e Madrid. A temática da súa obra céntrase na paisaxe e na cultura popular galega. Colmeiro, Seoane, Laxeiro, Arturo Souto e Maside integraron o grupo coñecido como "Os Novos" ou "Os Renovadores". Todos eles son pintores nacidos a principios do século XX, considerados continuadores da Xeración Nós, e caracterizados por unha obra cunha temática marcada por unha galeguidade peneirada pola estética das vangardas (expresionismo, cubismo e abstracción). Entre todos eles Colmeiro destaca polo seu intimismo e o concepto lírico dos ambientes, sendo considerado o máis tradicional do grupo.

Recibiu varios premios ao longo da súa carreira artística: o "Premio das Artes" da Xunta de Galicia (1987) ou o "Premio Celanova, Casa dos Poetas" en 1996. Faleceu no 1999.

Podes ver aqui un anaco dunha entrevista con Manuel Colmeiro, non a perdas!

Enderezos | Mapa Web | Agradecementos | Contáctanos |23 de Abril de 2007| IES Pintor Colmeiro