Que pretendemos?
Pretendemos que o noso centro ten que conte cunha oferta educativa ampla que dea resposta á diversidade de intereses e capacidades do alumnado coa finalidade de aportarlle unha boa formación académica e un servicio de orientación profesional de calidade, de maneira que se lle facilite tanto a promoción a outros ámbitos académicos como a incorporación ao mundo laboral ao mesmo tempo que se favorece a participación activa nos espacios social e cultural. Estes obxectivos supoñen un compromiso coa mellora continua e coa actualización permanente das metodoloxías empregadas (baseadas no traballo en equipo, na formación permanente dos/das profesionais e na consolidación de políticas de renovación tecnolóxica), así como unha aposta decidida pola implicación do centro tanto nos tecidos social e produtivo do seu contorno como en proxectos de ámbito europeo.
Por outra banda, queremos que esta páxina sexa un instrumento máis para poñer á túa disposición a información que che axude a coñecer o centro e o noso xeito de traballar.


