www.iespintorcolmeiro.org[Quen foi Manuel Colmeiro?]
Benvida! / U-lo centro? / Que pretendemos?
ies.pintor.colmeiro@edu.xunta.es A
s Ferreiras s/n 36540 Silleda (Galiza) 986 580 904 Fax: 986 581 069

Axenda:



(para vela expandida)

Destacamos:
CIUG
Blog de EPA
Calendario
Traditional Songs
Galerías de fotos

Fotos profesores

Blog da Biblioteca

Cranios
privilexiados

Inicio > Benvida da directora

Supón para min, como directora do Centro, unha gran satisfacción, darvos a benvida á páxina web do IES Pintor Colmeiro e ao mesmo tempo agradecervos a voso interese por coñecernos mellor.
Un dos retos do equipo directivo deste centro é o de establecer unhas canles de comunicación eficaces con toda a comunidade educativa.
O principal obxectivo desta web é facilitar información transparente e veraz de todas as nosas actuacións e do traballo que realizamos.
A nosa intención é a de que neste sitio podades atopar: titulacións que se imparten, servizos que se ofertan, as persoas que están ao frente das diferentes seccións e departamentos e os procedementos para realizar calquera tipo de consulta que desexedes facer.
O noso proxecto educativo ten como obxectivos fundamentais a formación integral, o desenvolvemento intelectual e a potenciación das capacidades, inquedanzas e horizonte cultural do noso alumnado. Todo esto tendo sempre presente o desexo de que os nosos estudantes obteñan a mellor formación humanística e científica nas súas respectivas titulacións, para que, á vez que se forman como persoas, nun futuro próximo poidan converterse en expertos e valiosos profesionais.
Gustaríame transmitir dende aquí o meu afán de buscar solucións a todos os problemas que se manifesten no día a día, función para a que estarei á vosa disposición.
Finalmente invítovos a formar parte deste proxecto coas vosas suxestións, que de seguro nos axudarán a mellorar as posibilidades que ofrece este espazo web.
Unha aperta.

Guadalupe Martínez Rivas,
directora do IES Pintor Colmeiro

Enderezos | Mapa Web | Agradecementos | Contáctanos |05 de novembro de 2008| IES Pintor Colmeiro