ies Pintor Colmeiro

Destacamos:

Secretaría > Selectividade [21/01/2010]

 

PAAU – XUÑO 2010
* 3 ao 31 de maio : matrícula anticipada para os/as alumnos/as que aprobaron 2º de bacharelato en convocatorias anteriores. Esta matrícula anticipada deberase presentar polos/as alumnos/as nos lerds.
* 27 - 28 de maio: Reclamacións ás cualificacións de Bacharelato LOE.

* 27 - 31 de maio: pides na Secretaría do centro:
--- Impreso de matrícula nas PAU e pagas na entidade bancaria 69'67 euros (se non tés ningún desconto). Familia numerosa: 37'84 euros.
--- Impreso de solicitude do título de Bacharelato para o cal pagas na entidade bancaria 49’82 euros (se non tés ningún desconto). Familia numerosa: 24’94 euros.
--- Formulario de solicitude da vía ou vías de acceso polas que concorres ás PAU.
* 27 - 31 de maio: entregas na Secretaría do Instituto a seguinte documentación:
--- Resgardo de ter abonado os prezos públicos de matrícula. (Exemplar para a Administración).
--- Resgardo de ter efectuado o depósito do título de Bacharelato. (Exemplar para a Administración).
--- Formulario de solicitude da vía ou vías de acceso debidamente cumprimentado.
--- Fotocopia do D.N.I.
* 27 - 31 de maio: recolles na Secretaría os impresos de prematrícula e matrícula xerados pola aplicación Nerta revisas os teus datos, comunicas calquera incidencia e recolles o resgardo de matrícula para as PAU co código de acceso á aplicación Nerta.

* 7 de xuño : comprobas no instituto os datos na listaxe de matriculados.
* 16-17-18 de xuño : DATAS DO EXAME DE SELECTIVIDADE.
--- LUGAR: Facultade de Farmacia (Santiago de Compostela).
--- REPRESENTANTE DO CENTRO: Mª Jesús Pouso Davila.

* O que deberás levar ao exame:
--- DNI ou pasaporte.
--- Os que teñan Latín ou Grego o dicionario correspondente.
--- Os que teñan Debuxo Técnico o material necesario.
--- Os que teñan Matemáticas, Física ou Química calculadora non programable.
*Recomendacións:
--- Escribir con bolígrafo ou pluma (tinta azul ou negra).
--- Non se pode firmar ningún exame nin poñer ningún símbolo que poda identificar ao/á alumno/a.
--- Hai que poñer o código de barras en todos os exames. (Os códigos de barras que vos darán antes de empezar a 1ª proba debedes gardalos os 3 días procurando non arrugalos nin doblalos).
* Publicación das notas:
--- 25 de xuño a partir das 20:00 horas en internet.
--- 28-30 de xuño: prazo de solicitude de dobre corrección ou reclamación ás cualificacións das PAU .Preséntanse nos LERDs ou fanse a través da aplicación informática Nerta.

--- 28-30 de xuño: prazo de solicitudes de admisión en titulacións con límite de prazas.
--- 2 de xullo ás 14 horas: publicacións dos resultados das reclamacións.
--- 5-7 de xullo prazo de solicitudes de reclamación para os que solicitaron dobre corrección no primeiro prazo.

RECOLLIDA DOS HISTORIAIS ACADÉMICOS E TARXETAS DE CUALIFICACIÓNS DAS PAAU: estarán no instituto a partir do día

6 de xullo.

Enderezos | Mapa Web | Agradecementos | Contáctanos |12 de marzo do 2007| IES Pintor Colmeiro