Departamentos > Tecnoloxía > Mecanismos
Data de presentación dos proxectos:
Presentación Power Point e a memoria indivicual o 3 de marzo. As memorias podedes entregalas impresas, en CD ou en lapis de memoria (ou dispositivos de música mp3).
Seguindo o método de proxectos, debedes construir unha máquina entre as seguintes OPCIÓNS:
Opción 1.
Máquina que simule o funcionamento dun cilindro dun motor de combustión, no que o pistón se mova alternativamente grazas a un pequeno motor eléctrico.
Pistas: 1. Buscade no libro como é un cilindro e que movemento fai o cilindro. 2 Identificade o tipo de mecanismo que mellor pode simular o movemento do pistón.
Opción 2.
Construir unha maqueta dunha central hidráulica: túrbina conectada a un motor con multiplicador (dispoñíbel na aula) de xeito que acenda un led.
Tamén se pode construir un aeroxerador (na páxina 137 do voso libro hai un exemplo). Valorarase que se asemelle o máis posíbel a un aeroxerador real (na páxina do departamento hai ligazóns que che mostran como son e como funcionan). Debes indicar na memoria para que vale cada peza do aeroxerador.
Pistas: Buscade información sobre turbinas (libros da aula, internet, biblioteca..) antes de facer o deseño. Como xerador podedes empregar un motor con redutora que hai na aula (en lugar de darlle corrente ao motor, introduciremos enerxía mecánica no seu eixo e obtermos enerxía eléctrica nos bornes). 3. Podedes integrar pezas do mecano e rodas dentadas que hai na aula.
Opción 3.
Construír unha porta dun garaxe.
Pistas: O piñón-cremalleira é un mecanismo moi útil para este tipo de funcións. Na ligazón Proxectos do IES Salinas podedes atopar un exemplo feito noutro centro.
Opción 4
Construir unha maqueta dunha máquina ferramenta. Por exemplo: serra caladora, máquinas tradicionais, ...
Opción 5
Unha maqueta dun muíño. Podense imitar as pezas un muíño tradicional
Instrucións:
Lede atentamente esta folla.
Antes de escoller o proxecto a facer podedes buscar ou realizar uns predeseños (fotos de proxectos, debuxos, proxectos que haxa na aula,...) nos que basearse para despois escoller entre as 4 opcións cal ides facer. Se non chegades a un acordo debedes votar e levantar acta da votación (incluídea na memoria).
Segue os distintos puntos do método de proxectos.
Suxestión da distribución das tarefas durante as 8 sesións (é moi moi importante que sempre teñades unha tarefa asignada, TRAE UN DISQUETE ONDE POIDAS IR TRABALLANDO NA TUA MEMORIA cando teñas tempo libre de taller, mais ten en conta que o principal da memoria deberás facelo na casa):
Sesión |
Actividades |
||||||||||||||||||
1 |
Escolla do proxecto. Búsqueda de información (www.apetega.org/ligazons/), Wikipedia, libros da aula, biblioteca, ...
Traballo individual: fai un bosquexo da túa idea (20 min). Traballo en grupo:Cos bosquexos feitos poñedeos en común e tentade escoller o proxecto a facer. Se non chegades a un acordo sobre cal é o máis conveniente facede unha valoración de cada un dos presentados (adecuación as opcións, orixinalidade, facilidade da construción) e o que máis nota saque é o que faredes (cada un que valore eses aspectos dos proxectos dos outros, despois sumades todas as notas) |
||||||||||||||||||
2 |
Deseño (distribuide o traballo entre os membros do grupo) Cuestións que deben reflectirse no deseño:
|
||||||||||||||||||
3 |
Deseño Debedes facer un bosquexo que dea idea de como será o proxecto (con cores, indicando os materiais de cada peza e empregando os coñecemento de perpectiva isométrica que tedes). Dividide o proxecto en pezas que haxa que construír. Mira que hai o materil na clase e distribuídeo entre os membros do grupo. Cada un debe facer no SmartSketch os planos das pezas que lle corresponda facer. Deben indicar nun recadro quen o fixo e a escala na que está. Os planos de cada un irán na memoria indivial. |
||||||||||||||||||
4 |
Planeamento do traballo (pistas en método de proxectos). Debedes realizar unha táboa de planeamento en Word (unha táboa parecida á seguinte, unha fila para cada peza):
|
||||||||||||||||||
5 |
Construción | ||||||||||||||||||
6 |
Construción | ||||||||||||||||||
| 7 | Construción | ||||||||||||||||||
8 |
Construción, montaxe | ||||||||||||||||||
9 |
Avaliación | ||||||||||||||||||
Semana do 3 ao 9 de marzo |
PRESENTACIÓN DOS PROXECTOS E ENTREGA DAS MEMORIAS |
Características das memorias
As memorias son individuais (aínda que haxa puntos que sexan iguais para todos os membros do grupo) e debedes ir facéndoa na casa, os que non teñen ordenador na casa teñen preferencia para traballar no ordenador da aula, e deben conter os seguintes puntos:
- Portada
- Índice coas páxinas
- Descripción do mecanismo e cálculo das relacións de transmisión (pode ser a mesma para todos os membros do grupo).
- Planos e debuxos (só debes incluír os que ti fagas)
- Lista de materiais (a mesma para todos os membros do grupo).
- Folla de planificación (esta folla será a mesma para todos os membros do grupo).
- Resultado da avaliación
Debe ter as seguintes características:
- A portada debe ir nunha folla (despois de facela e para que salte de páxina podes Insertar > Salto > Salto de páxina) e debe conter: o nome do autor subliñado, un título do proxecto, o curso e os nomes dos outros membros do grupo)
- O texto debe estar en formato Arial, xustificado, 11 ptos. Agás os títulos dos apartados que estarán en Arial, aliñado á esquerda e tamaño 16.
- Debe ir limpo e sen faltas de ortografía.
- Os debuxos debes facelos no programa SmartSketch ou a man con compás, regra, escadra e cartabón ou no seu caso (bosquexos) a man alzada (podes empregar a plantilla que vos din para as perspectivas ). Lembra a escala.
Consellos finais
-
O deseño é unha parte fundamental do proceso: decidide as medidas exactas, a forma e o material que ides empregar para cada peza. Se non as construides moi precisamente os mecanismos non van axustar correctamente e non funcionarán.
-
Facede o planeamento de xeito que sempre teñades unha tarefa que facer. Aproveitade o tempo, sempre é escaso.
-
Se non sabedes manexar unha ferramenta preguntade ao profesor.
- Podedes coller ideas doutros proxectos que estean feitos, da web, etcétera, pero facede o voso propio deseño, xa que moitas veces eses proxectos teñen erros importantes.
- Sede coidadosos coa apariencia final do proxecto: debe mostrar precisión e un acabado axeitado.
