Patrimonio Histórico
O Outeiro dos Lameiros
Sta. Cristina da Ramallosa, Baiona.

Petroglio do Outeiro dos Lameiros segundo Xulio Fernández Pintos,
1993.
Entre os petroglifos coñecidos no lugar do Os
Campos destaca este impresionante panel gravado na cara sur do
Outeiro do Lameiros. Son máis de medio cento de
cuadrúpedos gravados, case todos eles cabalos (vid. Poni galego)
acompañados doutras figuras, como unha estrela de seis radios,
escaleiras e unha rara forma circular gravada no centro do panel. Destaca,
no máis alto, unha escena de representación de movemento
lograda ó dispoñer cinco cabalos en liña, o derradeiro
encabritado, cada un deles gradualmente situado na serie ascendente disposta
aproveitando a natural via de subida ó alto do outeiro. Cronoloxía
prehistórica, Idade do Bronce, de 4000 a 3000 anos de antigüidade.
|