IES Primeiro de Marzo. Baiona
O Centro
O centro
Situación
Instalacións
 
Patrimonio
Histórico
Natural
Inmaterial
 
 
 

Patrimonio Histórico

O Outeiro dos Lameiros O Muiño Rupestre do Corrubelo Murallas do Monte do Boi O Petroglifo da rúa do Conde Carabela Pinta Virxe da Rocha

As Murallas de Monte do Boi. Baiona

Uns tres quilómetros de murallas pechan aproximadamente as 18 hectáreas centrais da península de Monte do Boi. Extramuros lindan as praias de A Cuncheira, de Os frades, deA Barbeira e de A Ribeira, porto natural de Baiona.

As orixes desta fortificación medieval poderíanse remontar á prehistoria. Pode que a unha hipotética aldea fortificada da Idade do Bronce que aproveitase e resaltase as excelentes condicións naturais de defensa da zona. Con todo, uns poucos fragmentos cerámicos apuntan a que o primeiro poboado fortificado en Monte do Boi foi na Idade do Ferro, época caracterizada no país pola Cultura dos Castros, é dicir, pola cultura dos poboados fortificados en pedra.

O de Monte do Boi, ou Monte Boi, non foi o único asentamento castrexo desta parte do Val Miñor: en Morade, na Pinisa, en Medialdea, en Mougás… e, sobre todo, en Borreiros xunto a foz do río na Ramalllosa, existiron prehistóricas aldeas fortificadas fai uns 2000 anos. De todos eles o que seguramente existíu en Monte Boi sitúase na ribeira mariña, xusto como no caso de enfrente, o Castro de Panxón (Nigrán).

A pesares de non terse realizado nunca estudios arqueolóxicos na zona, non podemos descartar que as actuais murallas conservadas teñan algo que ver coas súas antecesoras. A construcción do Parador Nacional de Turismo "Conde de Gondomar", fíxose entre 1963 e 1967 sen que se adoptase nengunha medida arqueoloxica que documentase o que con toda certeza alí se desfixo. O mesmo desatino irresponsable repetíuse en 1992, cando se construíu o polémico aparcadoiro na Palma.

Con todo, as orixes das actuais murallas datan, sen dúbida, da Idade Media. A historia das murallas foi parella o explendor da vila e porto de Baiona dende que na Alta Idade Media fose a vila principal, a capital, das terras de Turonio, é dicir, de toda a terra tudense que non estaba en máns do bispado.

Entre os moitos fitos históricos destacables que aconteceron aquí, episodios claves da guerra civil do século XIV, con Suer Ianes de Parada como figura miñota sobranceira, ou a data de 1452, cando Juan II de Castela-León ratifica a importancia deste porto ó autorizalo para comerciar co estranxeiro; en toda Galicia só o d’A Coruña tiña rango semellante.

En 1496, escomenzada a doma e castra de Galicia polo chamados Reis Católicos, Isabel I de Castela trócalle o nome a Monte do Boi polo de Monterreal ou Monte Real ó fundar unha nova vila no interior da fortaleza. A Baiona extramuros case desapareceu, florecendo intramuros no século XVI: chegou ós 650 veciños, Casa Consistorial (1500), Audiencia e Convento de Franciscanos. O século XVI vai ver reforzadas e aumentadas as murallas. A posteriori, a lenta e profunda crise desta vila foi parella ó acontecido co imperio español: reinando Felipe IV só quedan intramuros as casas da garda e, ó cabo do tempo, no XIX, nen iso.

Entre 1887 e 1963, foi propiedade privada ata que en 1963 a merca o Estado como enclave turístico a destacar na rede de Paradores de España.

Actualmente, nas murallas e intramuros, convivindo coas instalacións turísticas, consérvase un sobrancerio patrimonio prehistórico e histórico:

Petroglifo de Monte do Boi.
O Pozo Romano.
A Torre do Príncipe.
A Cisterna Barroca.
A Torre do Reloxo.
A Torre da Tenaza.
A Casa de Pedro Madruga.


O Outeiro dos Lameiros O Muiño Rupestre do Corrubelo Murallas do Monte do Boi O Petroglifo da rúa do Conde Carabela Pinta Virxe da Rocha