IES Primeiro de Marzo. Baiona
O Centro
O centro
Situación
Instalacións
 
Patrimonio
Histórico
Natural
Inmaterial
 
 
 

Patrimonio Inmaterial

Contos de Mouras  Cousas do Demo Relatos de naufraxios Lendas e Fontes Memorias da Guerra A Toponimia

Cousas do Demo.

O Demo Burlón

“Unha ves, tíñamos nós unha toura. Era do país. E víñamos, viña teu abuelo pola Xogho dos Bolos p’arriba. Xa era de noite e no Xogho dos Bolos mismo, viña el e máis Quilino, en Xogo dos Bolos mismo dí teu abuelo:

- ¡Ai, mira é a nosa toura!

- ¡Pois é a nosa toura!

- Pois é. É ighual é a misma color, é a nosa toura, esa toura debeulle salir da corte, d’arriba donde estaba, e escapar. Bueno, vaime.

Quixo vir a botala p’arriba, p’a traela pra casa e dille Quilino.

- Dioi, dioi. No te metas, no te metas Manoliño, non te metas que é o Demo Burlón, ese é o Demo Burlón.

E presináronse os dous, disque alí no Xogho dos Bolos e entón coa misma, o presirárense eles, disque vai a toura aquela colle dereito alá o Eido Vello, alí desapareceu pero disque fasía, cos pés, coas patas que fasía lume na pedra. Na Pedra dos Bolos que hai, non era esa, era outra pero bueno, na Pedra dos Bolos que fasía lume coas patas dela a escapar. E dalí, desapareseu. Cando chegha despois a casa o finado, teu abuelo, dise:

- A toura?

- Tédela aí.

- ¡Sii... ¿como vai estar a toura?

- A toura está aí.

Pois foi mirar. A toura estaba, estaba na corte, estaba.

Aquela era O Demo Burlón en fighura de toura.

Doutra ves, o finado de teu abuelo tamén. Ven ser o teu abuelo, xa non era, bueno; era teu abuelo, si. Foron ó monte, iba el e máis outro e toparon un cañoto no monte, un cacho dun pau, e dís:

- Ah! pois vou levalo, que é un cacho dun pau -daquela a leña andaba escasa- e levo este pau pra casa.

Vai. Disque lle pesaba. Disque de cada ves que lle pesaba máis. De cada vés que lle pesaba máis. Cheghou a casa, ó lughar, e que foi:

- Pois aghora tírote.

Home, tiña que tiralo. Tira con el...

- E quedas aí.

Pero o cañoto, conforme o tirou do lombo, marchou así a tombos, rodando, rodando... un trozo do sitio marchou rodando a tombos.

E díxollo finado:

- Bueno, vai rodando que pra fóra non has de sair. D’aí non has de marchar.

E no outro día. Vai mirar o pau pra quitalo d’alí de onde o tirara e levalo pra outro lado ¿O pau? ¿Onde estaba o pau? O pau non apareseu.

Que era; O Demo Burlón en figura de pau.

Ese foi o finado de tio Vicente, O Reghaña, vivía ala embaixo onde estaba a fábrica das ghaseosas. Ese viña do mar, era mariñeiro. E viña do mar e disque viña as dúas da mañán, e ó cheghar disque alí, a un serto sitio pola carretera p’adiante, mirou un carneiro. E dise el:

- ¡Anda, mira un carneiro. Pois voucho levar! Porque destas horas, este carneiro por aí debe estar destraviado. Pois vou levalo.

Pois foi el, el era un home pequeno, e arrímase ó carneiro.

- Toma-toma, toma-toma, toma-toma.

E o carneiro viu a xunta del. Vai el, colle o carneiro ó lombo, chegha á casa, aí ó Regheiro, pon o carneiro no chan e dixo el:

- Aghora teño que prendelo pois se non marcha.

Púxoo alí. Colle e vai adentro da casa. Colle unha corda e prendeu o carneiro e atouno nunha ameixeira, ou nunha maseira, nun frutal, atouno alí hasta o outro día. No outro día, íba recoller o carneiro p’a darlle de comer, ou ghardalo millor ou mais nada. Vai alí, nin había carneiro, nin había corda. Non hai nada.

Que era; O Demo Burlón en fighura de carneiro.

Viña da fábrica de traballar, e o millor hasta a unha da mañán, ou hasta as dúas das mañán, dependía. E viña por ahí pola, polo Tourixal p’arriba, todo pola debaixo da Boteira e pola Regha p’arriba, e o cheghar, na Regha mismo, ó querer empesar a subir a costa así da Regha, frente ó Xogho dos Bolos, alí aparés un, un can ghrande, blanco. Eu tiña, un pouco de repeto! E, i-eu arrimábame p’aquí, i-el arrimaba p’alí. Eu arrimábame p’aquí, el arrimábase p’alí. Dáballe unha patada así, dábaslle unha patada era como si deras unha patada nun can, ou nun ghato; era así. Pero cambiábaseche máis p’arriba, andabas ó mellor uns pasos así p’arriba. Dicías ti:

- Bueno, xa non o miro.

Andabas uns pasos máis p’arriba... aí o tiñas outra ves. Tiñas aquel can... Ó mellor, aghora é moi ghrande, logho era pequerricho ou logho, fasíase xa de burro. Porque paresía así mismo. Eu, despois ó cheghar ó portal que hoxe é do dentista, que había loureiros tamén alí, alí despareseu. Xa non o mirei máis, despareseu. Disía:

- A que te leva. ¡Te parta un raio!

Non o mirei máis, desapareseu, porque iso aparece de calquer forma ¡eh!. Aparese de can, aparese... unha ves A Condesa, a abuela dese que falamos a mediodia, aí nese pinar, donde teñen ahora a Caseta dos Bolos, era un pinal pequeno. E A Condesa viña pr’aquí, que viña esperar a Xelma que viña da escala de noite ela, e eu, e víñamos da escuela de noite e alí, ó cheghar ela alí, había un burro, disque un burro blanco, pero deses fariñoques, deses pequenos. Deitábase: estaba coas pernas p’arriba. E disía ela:

- ¡Dá a volta, raio, dá a volta!

Por púñase así, quiría dar a volta p’outro lado, pero non podía. E disíalle ela:

- ¡Dá a volta, raio, dá a volta!

E íba, así, púñase outra ves, máis así. Pero coas pernas p’arriba. E disía ela:

-¡Malo raio te parta, pois dá a volta, ho, non ghañas a sebada! ¡Dá a volta, se non non ghañas a sebada!

E cando lle paresía a el daba a volta, levantábase... ¡aí o vai! O Demo Burlón.

E despois cheghaba entonses aquí contábao. Acórdome despois de noite ¡bueno, home! ainda nos ríamos con iso porque contábao.”

Ref. Carmen, 76 anos, de Morade, Sta. Cristina da Ramallosa, Baiona.

Rec. por Fernándo González. Traballo escolar IES “Primeiro de Marzo”, 3º ESO 2005-2006.


Contos de Mouras  Cousas do Demo Relatos de naufraxios Lendas e Fontes Memorias da Guerra A Toponimia