|
Patrimonio Inmaterial
Lendas e Fontes.Onde hoxe está a aldea de S. Cosme, houbo un cenobio ou eremitorio en honra de S. Cosme e S. Damian. Calcúlase a súa fundación a fíns do século XI . G. Argariz cré que o fundaron monxes de vida eremítica dispersos fuxindo do mouro Almanzor. No século XII, Alfonso VI doa ó mosteiro Erizana (Baiona) e “Varedo”; cando a fusión co Mosteiro de Oia, Alfonso VI asigna a este os bens de S. Cosme, integrándose no cenobio de Oia os monxes de S. Cosme, onde fica un prior para cobra-las rendas, administra-los dereitos do mosteiro, misar... Ó final S. Cosme era unha granxa como tantas que os frades adoitaban ter. Suponse que coa desamortización, as herdades do mosteiro pasaron a mans do pobo. En S. Cosme está a Fonte Santa. Os romeiros tomaban desa auga milagreira. Na fonte facíase a fogueira de S. Xoan, e levábase a ela ós nenos, pois con "certos ritos", estes curaban de distintos males. Din que as mulleres que desexaban ter fillos bañábanse nas súas augas na noite de San Xoan ou acudian alí para face-lo amor coas suas parellas nesa data sinalada.
|
|||||||||||||||||||||||||||