|
Patrimonio Inmaterial
Memorias da Guerra.
Daquela comezaron a aparecer debuxadas na terra da beira da carretera nove cruces. A Guardia Civil borrábaas,e, anque velaran, as cruces voltaban a aparecer. Cando se ampliou a carretera, que suavizou a volta, as cruces apareceron mais ou menos no mesmo lugar ; se a choiva as desfacía, volvían a aparecer. Un dia apareceron, na beira oposta da carretera, pintadas a esprai vermello na rocha as nove cruces que se ven detrás da moza. A vintemperie vainas esvaindo ; pronto voltarán a ser pintadas.
Unha risca horizontal con nove trazos perpendiculares feitos cun dedo sobre a area. Por veces acompañada por caraveis. Na parroquia de Baiña, outra manda da mesma caste, matou uns homes nun cruce de camiños da Carneira, entre altos valados. A xente dí que durante moito tempo, ó chover, formábase no lugar un gran charco de sangue polos mortos que alí mataron. Ninguén lembra o sitio esacto. No ano 2003 o Instituto Primeiro de Marzo foi galardoado cun Premio á Innovación Educativa polo traballo realizado polo alumnado de ensino secundario, sobre a recuperación da memoria da Guerra Civil e o Franquismo baixo a coordenación da profesora de Ciencias Sociais Puri Perez Leirós, e no que interviron persoas do pobo que viviran a confrontación en bandos contrarios aportando as suas testemuñas.
|
|||||||||||||||||||||||||||||