IES Primeiro de Marzo. Baiona
O Centro
O centro
Situación
Instalacións
 
Patrimonio
Histórico
Natural
Inmaterial
 
 
 

Patrimonio Inmaterial

Contos de Mouras  Cousas do Demo Relatos de naufraxios Lendas e Fontes Memorias da Guerra A Toponimia

Relatos de naufraxios.

Baiona, a real, é tamén terra mariñeira. No seu cementerio descansan os corpos de moitos que traballaron o mar e dalgúns que nel morreron. Algúns de lonxanas terras que viñeron afundir no mar dos Farallóns, no mar de fòra das estelas, na Porta Grande da nosa Baia, ou nas avesas rochas do Cabo Silleiro.

Na entrada ó camposanto, á esquerda, unha roda de timón e unha cadea sostida por seis lemes, sinalan a lousa que cubre os restos dos naufragos do vapor noruegués "Aslaug", os 20 homes que compuñan aquela tripulación que afundiu o 11 de Decembro do 1929 con 10.000 fardeis de bacallao nos nos baixios das Serralleiras da restinga dos Farallóns das Estelas, ben preto de onde, o 8 de Setembro dese mesmo ano, afundira o Highland Pride

Pouco mais adiante, adosadas ó muro do camposanto, catro cruces lembran o afundimento do "Thalassa",  iate estadounidense con 18 tripulantes dos que so sobreviviu unha pequena de 10 anos de idade.

Os relatos de naufraxios cubren dende as circunstancias que provocaron o accidente, ó rescate de víctimas, o achádego de cadavres no mar ou en terra, orecollida na mar ou na costa das mercadorias e mesmo as distintas sensacións que aquelas circunstancias provocaban, o cheiro a xabron de sales nas rúas do pobo despois da xente botarse ás rochas de Silleiro para recoller esta mercadoría dun de tantos naufraxios, a anguria dun mariñeiro toda a noite agarrado a unha rocha por fóra das estelas no balbordo da rompente, o rescate dun touro de lidia aboiando entre as Cies e as Estelas... 

E todo un mar de lendas que durme baixo as ondas.


Contos de Mouras  Cousas do Demo Relatos de naufraxios Lendas e Fontes Memorias da Guerra A Toponimia