|
Patrimonio Natural
A Costa.O macizo da Groba e A Valga domina, dende os seus 550-480 m., a estreita plataforma de abrasión mariña; debrúzase nela con pendentes fortes (26-30 graos, perto de A Guarda ; 22 perto de O Facho de A Mariña), As valgadas dos regatos que veñen do monte son de manifesta xuventude, polo que Scheu afirma que "esta liña de fractura é mais vella que os movementos da corteza aos que son debidas as formas do relevo". Non intentou atopar a liña de fractura, para estimar canto tería recuado o talude, o "escalón de falla". O único posibel indicio que atopóu é un pequeno resalte baixo o mar, a uns 20-50 m. de profundidade, e a 2 Km. do talude actual. O retroceso dende a liña de fractura orixinal a súa actual posición sería debida, segundo este autor, a procesos de alteración química en medio húmido e cálido ( Mio-Plioceno) ; logo, o mar elaboraría a rasa. A rasa litoral non ten unha altura uniforme. Entre Torroso e Santa Tegra está a 50 m. encol do mar, en A Riña, Oia, a 30-32 m. ; en Porto Canela, a 25 m, ; a partir de O Facho, 30-35 m, ; no cabo Silleiro, 20-25 m.. En conxunto, a rasa abaixa e ensanchase dende A Guarda cara a Silleiro. Nonn supón que, logo de elaborada, a rasa sufríu unha deformación tectónica. Considerando que hai nesa zona praias elevadas a uns 5 m, de altitude, conclúe que a rasa se formou no interglaciar Mindel-Riss (nivel Tirreniense I). En resumo : fractura vella (Herciniana) ; elevación do relevo, meteorización e evacuación do escarpe até 2 Km. mais ao L. do que a liña orixinal de falla (Mio-Plioceno) ; avanzo do mar e elaboración da rasa (Mindel-Riss) ; retirada do mar e deformación da rasa. As principais fontes de area das praias son os rios. As correntes de deriva costeira responsabeis do que os anglosaxóns chaman "rio de area", semellan dirixirse aquí cara ao Sul. O Miño, por exemplo, deita area no mar e a deriva costeira lévaa até Viana do Castelo, como ten averiguado Teixeira. Ao Norte de Silleiro, a ria de Vigo, como unha trampa, atrapa a area do rio Verdugo, Lagares, Miñor". ; a area orla de praias a ria, e pouca chega á costa aberta, para ser esparexida ao longo dela, O litoral rectilineo de Silleiro ao Miño non ten praias. Só unha, da caste das chamadas "praias de peto", na Mariña, e algo de area nalgún porto (p. ex., Porto Mougás, na foz do rio Pías, e xa na Guarda, Areagorda e Fedorento). A ausencia de praias é un rasgo notabel do litoral de A Grova ; ese litoral rochoso afúndese en suave declive na auga. Sustratos rochosos, e moita superficie de sustrato rochoso a pouca profundidade (luz para a fotosíntese), favorecen a masiva presencia de grandes algas pardas ; Saccorhiza polyschides ; Laminaria spp. Antes usábanse como esterco.
|
|||||||||||||||||||||||||||