IES Primeiro de Marzo. Baiona
O Centro
O centro
Situación
Instalacións
 
Patrimonio
Histórico
Natural
Inmaterial
 
 
 

Patrimonio Natural

O Poni Galego e o gando ceibo A costa Schistostega pennata A Cova da Moura A Corte das Ovellas Cultivos arbóreos

A Corte das Ovellas

Descrición

a

a

Chámaselle A Corte das Ovellas ó conxunto de abrigheiros desenvoltos neste lugar por mor do remexido e esvaramento dos bloques graníticos dun escadamento de fronte N40ºE.

O cumio deste coto sitúase case ao mesmo nivel que a chaira lindante co instituto, polo que se poden considerar como resto, testemuño, da exhumación da mesma paleosuperficie.


aLocalización

En Baiona, no comunal de Baiona de Fora, entre o monumento da Virxe da Rocha e as instalacións do IES Primeiro de Marzo, nun escarpe granítico da vertente NNW do monte Sansón, ou de San Roque.

Así tamén, no conxunto se observan antigas estructuras de alteración (cacholas, cacheiras, tafoni) derrubadas ou rotas a modo de covas de bloques.

 

Ficha Técnica

Nome (microtopónimo): A Corte das Ovellas

Sinónimos: O Fodedouro

Situación: Monte Sansón ou Monte de San Roque. Baiona de Fora. Baiona

Desenvolvemento (m):

«

--

¯

--

Coordenadas UTM:

X

511663

Y

4663377

Z

80

Clasificación: Cova de bloques fragmentados

Subtipos asociados: Covas de bloques ; Covas de Alteración

Información xeolóxica: Rochas ígneas : Granitos de afinidade alcalina Granito cataclástico

Fracturas:

Nº160ºE - N190ºE

N40ºN - N50ºE

No conxunto destacamos os seguintes elementos:

  • Abrigueiro superior, orixinado a partires dun remexido e esvaramento de bloques sobor dunha estructura de laxamente subhorizontal, e a favor de planos subverticais de dirección N50ºE. Na cavidade hai un pequeño banco gravado na rocha rocha.
  • Abrigueiro inferior, orixinado polo remexido basal da estructura, segundo planos de discontinuidade (laxamento?) cun buzamento duns 35º ao N. Parte do piso é rochoso, mais existe colmatación parcial por restos orgánicos.
  • Fronte de alteración segundo o laxamento descrito anteriormente. Destacar o desenvolvemento masivo de cacholas no bloque superior (teito da discontinuidade).
  •  A paleo-chaira do monte Sansón (en conxunto) pola presencia de pías e formas de alteración de diversa entidade.
a
Topógrafos do C.E.Maúxo durante os traballos no abrigueiro inferior

a
Detalle dunha cacheira desenvolta nun dos planos de esvaramento.

 

Exploración:  C.E. Maúxo 2003

Topografía: C.E. Maúxo 2005

Espeleotemas: Costras Ópalo-A

 Formas graníticas:

  • Cacheiras ou cacholas (tafoni)
  • Pías (Gnammas)
  • Pseudokarren incipente

a

 
Pseudokarren incipiente: Estes pequenos canáis paralelos deselvólvense en liñazóns de discontinuidades, que constitúen pequenos tectoglifos locáis
Tódolos bloques escadados na vertente presentan formas de alteración

a
Foto superior. Zona sur da Corte das Ovellas.
a
a
Topografiando o abrigheiro superior
Á entrada do abrigheiro inferior.

Interese da Cavidade

Interese xeolóxica:

Asemade dos pequenos espacios baixo pedra, destaca a elevada e ben consevada cantidade de Formas de Alteración graniticas neste lugar.

Predominan as formas tipo pía e en menor cantidade as alveolizacións (tafonización ou meteorización alveolar).

Algunhas liñazóns presentan acanaluduras paralelas asemellando un pseudokarren incipiente, mais de pouca entidade e desenvolvemento

O conxunto de formas en xeral pódese caracterizar por tres elementos: a

  • Desenvolvemento sobor planos horizontais ou subhorizontais (estructura de foliciación secundaria).
  • As formas asemellan guiadas polas fracturas e liñazóns: A formación de executorios  ou a coalescencia de formas (unión de formas adxacentes) asemella adaptarse as liñazóns de rachaduras e discontinuidades.
  • As pías son en xeral de tipo pan, de fondo plano, con socavación perimetral da mesma, indicativo da colisión da fronte de alterazón cunha discontinuidade horizontal que interrumpe a progresión vertical da fronte de alterazón e favorece o retroceso perimetral. Aprézanse marcas e colorazóns, o que indica nivéis estables de humetacción (capilaridade e migrazón catiónica).

Algunhas disontinuidades, coma o diaclasado, controlan o desenvolvemento das formas de alteración: Na foto as pías enlóngase segundo os planos de alteración preferentes (inhomoxeneidades) e interrumpen o seu crecemento ó chocar cun plano de fractura (xunta aberta).


a

Detalle deste "campo de pías·. Pódense ver discontinuidades (fracturas, diaclasas, diques ou filoncillos) que controlan a elongación das formas, tanto a dirección de drenaxe (executorios) coma a coalescencia de formas próximas.

a
a
Detalle da socavación perimetral nas pías tipo pan.
a
Detalle da costra de óxidos metálicos na fronte de alterazón dunha pía tipo pan. A dereita aprézase unha discontinuidade formada por un dique de cuarzo subvertical. Este dique de gran dureza frena o avance da alterazón da rocha. No centro da foto, sen embargo, hai unha discontinuidade na rocha, con aliñazón ao norde, que favorece a alterazón da rocha. Pódese ver coma neste ponto a fronte de alterazón progresa máis rápidamente.


Interese antropoespeleoloxía:

Usos na sociedade campesina: Abrigo de animais (o propio microtopónimo o indica) e de xente: abrigheiro ocasional por inclemencias metereolóxicas, relacionados co traballo (pastoreo, reforestación) e o xogo, usado como lugar de encontros amorosos, etc.

Patrimonio inmaterial por investigar. Entroutras histórias: O Fodedouro.

a

a

"Bayona -sic- (Galicia).Vista desde el interior de una gruta del Monte de San Roque.2
dende o mesmo sitio, abrigueiro inferior da Corte das Ovellas 70 anos despois.

Arqueoloxía: Non hai datos. Tampouco se comprobou. ¿Capela de San Roque? ¿Facho?

Historia Contemporánea: Referencia ós escapados en 1936. Proximidade Volta dos Nove.

Xeografía: Paisaxe. Panorámicas sobre Cies, Estelas, Silleiro, etc.

Historia da Arte: Proximidade Virxe da Rocha.


Interese pedagóxica e turística.

a
Entroutra fauna do lugar.

 

Informe inicial para a Unidade Didáctica sobre o lugar de A Corte das Ovellas, Baiona.

a

 aInforme do Clube Espeleolóxico Maúxo, CEM, para o IES Primeiro de Marzo.

Vigo, novembro 2005.

Introducción

O obxectivo deste informe é a de facilitar información para a elaboración dunha Unidade Didáctica sobre o lugar veciño ó instituto de Baiona chamado A Corte das Ovellas.

O IES “Primeiro de Marzo” construíuse en 1992 en terreos comunais da parroquia de Baiona de Fora por riba da Percibilleira, Baiona, pouco máis arriba d’As Bouzas trighas e de onde O Fodedouro. Subindo pola estrada ó monumento da Virxe da Rocha, a seguinte curva á dereita. O perímetro do recinto escolar linda polo noroeste coa Corte das Ovellas.

Os contidos deste informe, a disposición de todo o profesorado do IES “Primeiro de Marzo”,  subdividense en:

1. As microformas da paisaxe resultantes da alteración das rochas 

Apuntes sobre xeoloxía granítica, xa que no lugar da Corte das Ovellas pódese admirar un considerable conxunto de pías e outras pequenas fomas propias da paisaxe granítica. Fotografías e topografías do arquivo CEM. Texto de Marcos Vaqueiro Rodríguez.

2.  Ficha provisional do lugar no Catálogo de Cavidades Naturais do arquivo do Clube Espeleolóxico Maúxo.

Localización, coordenadas, descrición, datos xeolóxicos e culturais, referencias, topografía. Equipo de traballo do CEM composto por: Marcos Vaqueiro, Miguel García Garía, José Bernardino Costas Goberna, Begoña Barreiro Ben, Concepción Álvarez González, Reinaldo Costas Vázquez, Eduardo Méndez Quintas, Xavier Groba González. Texto de Marcos Rodríguez e Xavier Groba.

a
Topografiando A Corte das Ovellas.

As micrifirmas da paisaxe resultantes da alteración das rochas

¿Qué son as microformas de alteración?

Son formas da paisaxe de pequeño tamaño orixinadas pola meteorización diferencial da rocha.

A forma de alteración predominante é o tafone, que en xeomorfoloxía significa unha cova pouco fonda ou buraco parcialmente pechado pola conservación dunha viseira (caso das lapas ou dos fronte-lapa). Noutros casos noméase así a un bloque rochoso totalmente valeiro no seu interior inda que por fora pareza estar intacto (caso das cacheiras ou cacholas).

Unha característica común aos teitos e paredes dalgunhas cacholas é o desenvolvemento de alveolos, proceso coñecido coma meteorización alveolar ou meteorización en panal.

Outra das formas raiña é a pía. Tamén noméanse gnamma, verba aborixe autraliana que significa “pozo de auga”. As pías son concavidades da rocha, a modo de cuncas de distinto tamaño.

Identificando as formas na paisaxe

  • As pías ou gnammas

a

a
Dentro dunha das grandes pías de A Corte das Ovellas, en segundo plano: Silleiro.
Pías desenvoltas na superficie dun bolo granítico do Coto dos Mouros, Parada. As pías sempre se desenvolven en superficies aproximadamente horizontáis. O basculamento deste bolo interrumpe o desenvolvemento normal da pía, modificando a súa forma original.
  • As lapas

a
Lámina 1. Topografía e fotografías da cova Lapa da Moura, Serra do Galiñeiro, Morgadáns.


Lámina 2. Vista principal e detalles das lapas desenvoltas no contacto entre dúas laxas de granito na Ghrencha da Touba do brión, no Pedraghullo, Serra do Galiñeiro, Vincios.

  • As cacheiras (CEM, 1998) ou cacholas (VIDAL ROMANI, 1989)

a

a

Fotos 3, 4. Vistas de distintas cacheiras.

a
Foto 5. Interior dunha cacheira en Outeiro das Campanas, Camos. Esta formación desenvolveuse simultáneamente sobor dunha banda milonítica, de cor claro, e dun granito alcalino.

  • Fronte zapado ou "frente llama": Son paredes xeralmente fortemente inclinadas e que presentan concavidades na súa base.

a

a

Foto 6, 7. A Ighlex, Morgadáns.
A esquerda vista xeral da fronte-lapa e as tafonizacións da súa boveda. A dereita detalle dun cruciforme insculpido.

 

¿Onde aparecen?

O comenzo da meirande parte destas formas é unha superficie de discontinuidade, sexa ista unha diaclasa ou fractura, ou ben en rochas metamórficas un plano de estratificación. .

a

a

Foto 8, 9. Á esquerda, laxamento granítico no que se teñen desenvolto as formas de alteración. A dereita, desenvolvemento de pequenas alveolizacións no perímetro dunha lapa. Seguindo un plano de discontinuidade (laxamento da estructura), Serra do Galiñeiro.

 

Nas zonas graníticas os tafoni (plural de tafone) desenvólvense en moitas ocasións asociadas ás partes basales da rocha onde o granito se separa en laxas, e tamén, e con maior frecuencia, en bloques aillados definidos pola rede de fracturas (VIDAL ROMANI & TWIDALE, 1998).

a

Lamina 3. Coto da Mouta. Esta cacheira desenvolveuse no cumio dun domo a partires do laxamente do granito. O tafoni conservase no interior dun dos bolos residuais do cumio, e foi empregado no Neolitico e na Idade de bronce coma refuxio: a, Alzado longitudinal do coto ; b. Planta de detalle do interior da cacheira; c-d-e, reprografía dos petroglifos do refuxio; f-h, Muiños neolíticos no interior da cacheira; g. Vista dos bloques dislocados no cumio do coto.

 

¿Sobor que materiais se poden atopar?

Inda que estas formas son típicas na paisaxe granítica, podémolas atopar noutros materiais. En Galicia en concreto, temosa topado formas de alteración en cuarzo, cuarcitas e granitos.

aA

aB

aC

aD

aE

Fotos: 10, 11, 12, 13, 14.
A. Cacheira en granito; B. Tafoni en cuarzo, no Pico Sacro; C. Desenvolvemento de alveolizacions na parte superior dun conducto na Sima de A Cova do Pico, no Pico Sacro; D. Campo de pias nunha chaira de erosion no Faro de Budiño; E. Pia en cuarzo con executorio.

 

¿Como se orixinan estas formas? ¿Qué é a alteración da rocha?

A alteración é o proceso de desintegración e descomposición da rocha como consecuencia da exposición á atmósfera, á acción da neve/xeo, auga e calor, e tamén a acción química.

a`
Foto 15. Detalle de parte do campo de pías de A Corte das Ovellas.

Unha parte dos axentes que provocan a alteración son físicos e outros son químicos. Os físicos actúan por contraste (humectación/desecación, frío/calor, auga/xeo) aproveitando que a rocha non é homoxénea, mentras que os químicos o fan por transformación, convertindo uns minerais noutros diferentes.

No caso concreto da Fronte-Lapa: Unha fronte de alteración desenvolta en zonas do pé do escarpe coma resultado dun ataque pola humidade á rocha, seguido da súa posterior exposición en superficie. (VIDAL ROMANI & TWIDALE, 1998).


O Poni Galego e o gando ceibo A costa Schistostega pennata A Cova da Moura A Corte das Ovellas Cultivos arbóreos