IES Primeiro de Marzo. Baiona
O Centro
O centro
Situación
Instalacións
 
Patrimonio
Histórico
Natural
Inmaterial
 
 
 

Patrimonio Natural

O Poni Galego e o gando ceibo A costa Schistostega pennata A Cova da Moura A Corte das Ovellas Cultivos arbóreos

A Cova da Moura.

Boca da Groba, A Granxa, Belesar, Baiona.

Son moitas as covas galegas que reciben o nome d´A Cova da Moura. Esta Cova da Moura non é unha mina, unha cavidade artificial. Cova da Moura da Serra da Groba é unha cavidade natural granítica de fisura, en concreto do subtipo de covas téctonica, caso semellante (que non igual) ao da sima de cuarzo do afamado Pico Sacro (Boqueixón).

Cova da Moura, UTM (514590, 465715, 600) aparentemente é unha cavidade dividida en dúas partes, a primeira asociada a unha zona granítica con foliación subvertical de dirección aproximada N40ºE e un buzamento local de 65ºN-130ºE presentando un espazo estreito de 40 cm mentras, a segunda parte, teríase orixinado por diaclasas de dirección N90ºE, estando afectada a estructura por fracturas de dirección N140ºE. A zona que presenta foliación non matén ángulos idénticos en ámbolos lados da fractura, senon que as dúas seccións serían converxentes na súa base, o que indicaría que a fisura sería de orixe tensional, con basculamento da estructura paralelamente á ladeira da Boca da Groba.

Ao interese xeolóxico e paisaxístico do lugar, o rico patrimonio inmaterial propio (Lenda do Cazador, Moura Mouriña...) e algúns xacementos arquelóxicos neolíticos e da Idade do Bronce nas proximidades.  Con todo, a cova conta con dimensións escasas, só 14 m de desenvolmento total, -4 m de vertical, o que contrasta coa extraordinaria distancia que o suposto paso tería entre este punto soterrado de Baiona, a 600 metros de altitude, e o mar.

Bibliografía:

Groba, X., e Vaqueiro, M., A Cova do Pico, Coord. C.E. Maúxo, Ed. Concello de Boqueixón, 2004, pp. 167-168.


O Poni Galego e o gando ceibo A costa Schistostega pennata A Cova da Moura A Corte das Ovellas Cultivos arbóreos